CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia non competitiva axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.
Persoas beneficiarias
O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Para determinar a contía da axuda que se lle concederá a cada solicitante terase en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:
Limiares de renda Contía da axuda
Ata 5.000 € 2.750 euros
De 5.001 € a 5.700 € 2.250 euros
De 5.701 € a 6.400 € 1.750 euros
De 6.401 € ao importe da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, multiplicada por 1,5... 1.500 euros
Prazo de presentación de solicitudes
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2018, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.