jueves, 31 de agosto de 2017

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS EN FORMACIÓN DE OFERTA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e ámbito de aplicación
As subvencións teñen como finalidade financiar os programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de traballo e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde os centros e as entidades de formación privadas, acreditadas e/ou inscritas pola administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia nas especialidades formativas obxecto da formación.
2. Igualmente poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación, que presentaran a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.