viernes, 11 de agosto de 2017

SUBVENCIÓNS COMPLEMENTARIAS PARA AS PERSOAS PROMOTORAS DE ALOXAMENTOS PROTEXIDOS ACOLLIDOS AO PLAN DE VIVENDA E REHABILITACION 2009-12

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar, para a anualidade 2017, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a favorecer a construción de aloxamentos protexidos (código do procedemento VI481A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas promotoras de aloxamentos protexidos que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 35 e seguintes do Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012, e no Decreto 402/2009, do 22 de outubro. A promoción terá que contar con cualificación definitiva emitida con anterioridade ao 31 de decembro de 2012.
Importe
1. As subvencións que se convocan mediante esta orde faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451B.770.0, do orzamento de gastos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) para o ano 2017, polo importe de 82.000 euros.
2. A contía será de 200 euros por cada metro cadrado de superficie útil protexida do aloxamento e de superficie útil protexida destinada a servizos comúns, a cal non poderá exceder o 30 % do total da superficie útil dos aloxamentos. As axudas fraccionaranse en función do número de aloxamentos alugados.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.