viernes, 28 de noviembre de 2025

SUBVENCIONS A FESTIVAIS DE MÚSICA 2026

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e convócanse para o ano 2026 (código de procedemento CT302F).

Finalidade
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e aprobar a súa convocatoria para o ano 2026.

Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea, ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cuxo obxecto social lles permita a organización de actividades escénico-musicais.
Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda. Porén, non poderán ser persoas beneficiarias fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, distintas das asociacións anteriormente descritas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS PARA A OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

 Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2025 pola que se amplía o prazo de xustificación previsto na Resolución do 27 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou o mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TU970A).

miércoles, 19 de noviembre de 2025

(TELEFORMACIÓN) ECONOMÍA SOCIAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR AGROALIMENTARIO: CERTIFICACIÓNS DE CALIDADE E MEDIOAMBIENTAIS


 

SUBVENCIÓNS A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS DE TITULARIDADE PRIVADA 2026

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para ano 2026 (código de procedemento CT402D).

Finalidade
Estas axudas teñen por finalidade impulsar e apoiar as salas privadas de exhibición non só na súa programación habitual, senón tamén como espazos de encontro de intercambios de experiencias entre os profesionais que conforman o sector escénico galego e proceder á súa convocatoria no ano 2026.

Persoas beneficiarias
Poden obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que se dean as seguintes circunstancias:
a) A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.
b) A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
c) A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2025.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.