|
|
AGACA, a través do proxecto POCTEP ES-FACTORY, convoca 2
prazas para a realización de estancias formativas en cooperativas, con unha
formación teórica previa.
O Programa de Bolsas Xerenciais ofréceche a
oportunidade de acoller gratuitamente na cooperativa a unha persoa con
titulación universitaria para realizar unha formación práctica en
cooperativas durante 6 meses, a razón de 25 horas semanais,
de luns a venres, en modalidade presencial. Os custos laborais son soportados
por AGACA quen realizará unha actividade formativa das persoas en prácticas
previo a ser acollida na cooperativa.
Este programa está deseñado para dar resposta ás
necesidades detectadas de perfís profesionais en postos de dirección e Xerencia
das entidades de economía social, e se enmarca dentro das actuación a
desenvolver no ámbito do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , cofinanciado polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, no marco do Programa de Cooperación INTERREG
VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.
A finalidade do Programa é mellorar a xestión das
cooperativas, abordando procesos de mellora das organizacións, á vez que se
mellora a empregabilidade das persoas participantes e a súa capacitación
mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas beneficiarias. Neste
senso, As persoas que participen neste programa poden axudarvos na cooperativa
ao desenvolvemento de área emerxentes tanto a nivel de innovación,
dixitalización da empresa, márkting, proxectos de economía verde,
sostibilidade, etc.
A persoa bolseira e a cooperativa conta ademais co apoio
da mentoría e titorización de AGACA, apoiando as súas necesidades e demandas
para o mellor desenvolvemento do programa.
🔑Qué
che ofrecemos?
✅ Estancia dunha persoa con titulación de
Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, ADE ou calquera outra relacionada coa xestión
empresarial, e con interese no modelo cooperativo, na xestión empresarial e no
desenvolvemento social.
✅ Mentoría e capacitación
continua da persoa en formación.
✅ Apoio económico para a persoa en formación e seguro de
RC.
A quen está dirixido? A persoas con
titulación de Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, ADE ou calquera outra
relacionada coa xestión empresarial, e con interese no modelo cooperativo, na
xestión empresarial e no desenvolvemento social.
📆 Prazo de inscrición: ata o día 20 de agosto de 2025
✍️ Formulario
de inscrición: https: //forms.gle/74Q9yoSrE7AnxEqC6
Para calquera consulta / aclaración, poñédevos en contacto con Loli Couso, tlf 609070135, loli@agaca.coop
Informámoslles de que a Asociación Galega
de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA é entidade autorizada pola
Consellería do Medio Rural para a impartición dos cursos de
Aplicador/Manipulador de productos fitosanitarios, nivel básico,
tanto en modalidade presencial como en modalidade teleformación.
Mediante estes cursos homologados accédese
ao correspondente carné oficial emitido pola Consellería do Medio Rural unha
vez superado o correspondente exame oficial.
Na modalidade teleformación, podemos dar un prazo maior para a realización do curso,
e o alumnado pode realizar a formación a través da plataforma en
calquera momento do día, que teña
dispoñibilidade, o que permite unha maior facilidade para realizar o curso, especialmente, nesta época do ano na que os
agricultores e gandeiros están en momentos de gran carga de traballo.
En todo caso, puntualizar que na modalidade
de teleformación, hai que facer obrigatoriamente 9 horas en
presencial, repartidas en dous días. Pero é unha modalidade ideal para
persoas mozas con acceso a internet. Por tanto, tamén na modalidade presencial
os alumnos deben ser dun concello ou concellos limítrofes para que poidan
acceder ás 9 horas de formación presencial.
Agardamos chamada dos interesados que
reúnan condicións de acceso.
Obradoiro de Facturación Dixital e Fichaxe de Empregados que terá lugar Becerreá .
Data e hora: luns, 16 de xuño ás
19:00 horas
Lugar: Casa do Bico, Becerreá
Obradoiro gratuito. Ao final
do mesmo haberá uns pinchos para compartir.
Os/as usuarios/as interesados poden inscribirse enviándome un WhatsApp ao 660.065.673. ou a través
Axencia Galega das Industrias Culturais
Consellería de Política Social e Igualdade