Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
viernes, 16 de mayo de 2025
PRAZAS NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA O ANO 2025
Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, catro prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.
Persoas beneficiarias
Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación, e que cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA 2025
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.
Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
jueves, 15 de mayo de 2025
XXVI PREMIO ELÍAS VALIÑA PARA DISTINGUIR O LABOR REVITALIZADOR DOS VALORES PROPIOS DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Finalidade
Esta orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña, para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago, por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social (código de procedemento CT141A).
Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa sensibilidade e interese, teña contribuído coa súa traxectoria vital ao fomento dos valores culturais dos Camiños de Santiago. Esta mención só poderá outorgarse de xeito individual.
O premio poderá outorgarse de xeito individual ou compartido, ou declararse deserto.
Persoas beneficiarias
Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia.
Estas entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de, cando menos, cinco anos de funcionamento efectivo na consecución dos obxectivos establecidos na convocatoria.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas en que se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as que fosen premiadas nas cinco convocatorias anteriores co Premio Elías Valiña.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de candidaturas será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
miércoles, 14 de mayo de 2025
BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NA ÁREA DE ESTUDOS E INVESTIGACIÓN 2025-2027
Axencia de Turismo de Galicia
Obxecto e réxime
1. A convocatoria de dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación da Axencia de Turismo de Galicia, para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:
a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.
b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.
O lugar de realización das prácticas tuteladas destas bolsas será na sede da área, nas oficinas da Axencia de Turismo de Galicia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).
2. O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional das persoas bolseiras mediante a realización de prácticas formativas relacionadas co tratamento, análise e difusión de datos en materia turística, con suxeición ás indicacións do/da titor/a que lles será asignado/a ao comezo das súas prácticas.
3. As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas que reúnan os requisitos previstos no artigo 4 das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.
SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN E A ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS NOS CENTROS TECNOLÓXICOS CONSOLIDADOS DE GALICIA 2025-2026
Axencia Galega de Innovación
Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento coa finalidade de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para os anos 2025 e 2026 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva (código procedemento IN845A).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que teñan a consideración de consolidados.
Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. O dito prazo comezará a contar a partir dunha semana da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
SUBVENCIÓNS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO 2025
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (código de procedemento TR880A).
A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xullo de 2024 e a data da presentación da solicitude.
Persoas, entidades beneficiarias e requisitos
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas, mutualistas e as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as sociedades cooperativas e laborais, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciaran a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023, de conformidade co establecido no artigo 1.
2. As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
c) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.
d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
3. Non poderán ser beneficiarias desta subvención aquelas iniciativas de emprendemento que obtiveran resolución favorable ao abeiro da Orde do 29 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), Orde do 28 de xuño de 2023 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) e da Orde do 16 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo día natural seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de xuño de 2025, agás no caso de que se produza o esgotamento do crédito.