miércoles, 9 de agosto de 2023

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA PROGRAMA DE AXUDA Á CONSTRUCIÓN DE VIVENDAS EN ALUGUEIRO SOCIAL EN EDIFICIOS ENERXÉTICAMENTE EFICIENTES

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria determinada na Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se regula a xestión en Galicia do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para promotores públicos e privados distintos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

SUBVENCIÓN PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS CREADORAS GALEGAS EN RESIDENCIAS LITERARIAS FÓRA DE GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 12 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas creadoras galegas en residencias literarias fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT215D).

Obxecto
1. Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galegos para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia (código de procedemento CT215D).
As estadías terán como finalidade que as persoas creadoras realicen a tradución das súas obras, que a súa estadía sexa necesaria para o proceso de investigación previo á creación da obra obxecto da residencia ou que precisen dun espazo e ambiente de traballo que lles permita continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado.
2. Para os efectos desta orde, considéranse persoas creadoras as definidas polo artigo 5.1 da Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e a lectura de Galicia: as que interveñen no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro.
3. Para os efectos da presente orde, considéranse:
3.1. Gastos de viaxe: inclúe os gastos asociados ao desprazamento (ida e volta) da persoa participante ao lugar de realización da residencia.
3.2. Gastos de transportes internos: inclúe os gastos xerados polo uso de medios de transporte para desprazamentos na localidade ou localidades de realización da residencia apoiada, incluídos os gastos xerados polos traslados desde e cara ao aeroporto ou estación de chegada ou partida; gastos para o desprazamento entre localidades se a participación da persoa creadora ten lugar en distintas localizacións; ou gastos xerados polo traslado cara a ou desde a localidade de realizaicón da residencia cando o traxecto cuberto polo billete principal, incluído dentro dos gastos de viaxe, non cubra a totalidade do percorrido.
3.3. Gastos de aloxamento e manutención: corresponde cos gastos xerados durante a estadía da persoa participante no lugar de realización da residencia.
3.4. Gastos de subscrición dunha póliza de seguro de viaxe: corresponde cos gastos de contratación dunha póliza de seguro que cubra os gastos das eventualidades que poidan xurdir durante a viaxe das persoas creadoras subvencionadas.
3.5. Gastos de subscrición dunha póliza de seguro médico: corresponde cos gastos de contratación dunha póliza de seguro que cubra os gastos das eventualidades de saúde que poidan xurdir durante a estadía das persoas residentes.
4. Só se financiarán os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a súa realización.
5. De acordo co artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a persoa beneficiaria da subvención deberá xustificar que os gastos subvencionables deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, de morosidade nas operacións comerciais.
6. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2023.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas, autónomas ou non, a que se refire o artigo 1 da orde:
Persoas físicas, sexan autónomas ou non, que interveñan no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro e que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
2. As persoas solicitantes deben estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2023.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS INNOVADORES DOS GRUPOS OPERATIVOS DA ASOCIACIÓN EUROPEA DE INNOVACIÓN

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR331B).

martes, 8 de agosto de 2023

AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DA MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR351A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do Programa de desenvolvemento rural (en diante, PDR) de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2023.
Para iso, serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas
– Cooperativas agrarias
– Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
– Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
– SAT procedente de fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.

Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A INICIATIVA FÁBRICA INTELIXENTE E SUSTENTABLE 2023

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN854A).

SUBVENCIÓNS PARA A ELABORACIÓN E EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento BS508E).

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 18 de xullo de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).