martes, 7 de junio de 2022

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DO PROGRAMA I HOSTALARÍA E PROGRAMA II OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS 2021

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para o 2021.

INSTRUCIÓNS PARA O PROCESOS DE ADMISIÓN DAS ESINANZAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO BÁSICO PARA O CURSO 2022/2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23.

INSTRUCIÓNS PARA A PREINSCRICIÓN, ADMISIÓN, MATRÍCULA E ORGANIZACIÓN ACADÉMICA NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS CURSO 2022/2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2022/23.

lunes, 6 de junio de 2022

MODIFICACIÓN:_ BASES REGULADORAS PARA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DE PROXECTOS MUSICAIS PROFESIONAIS AO ABEIRO DO PROGRAMA HUB DA INDUSTRIA CREATIVA GALEGA

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2022 de modificación da Resolución do 21 de abril de 2022 para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, pola que se aproban as bases reguladoras para a promoción e difusión de proxectos musicais profesionais ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Feder, dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento CT207L).

CONVOCATORIA PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA REALIZAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS NO CURSO 2022/23


 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23 (código de procedemento ED306A).


Obxecto
Regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Persoas beneficiarias
O alumnado que no curso académico 2022/23 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:
a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2022 (este incluído).
2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 6 e o 14 de setembro de 2022, ambos incluídos.

ORDE DO 31 DE MAIO DE 2022, PRÓRROGA DA ORDE DO 16 DE NOVEMBRO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS HOSPITALARIOS, E ORDE DO 14 DE DECEMBRO DE 2021 MEDIDAS PREVENTIVAS DE SEGURIDADE SANITARIA NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE MAIORES E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

viernes, 3 de junio de 2022

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 28 DE MAIO AO 3 DE XUÑO

 



 


Sorteo de campamentos o mércores 8 de xuño ás 12:00 h:

 

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

 



 

 




Como activar o Carné Xove? que descontos hai? que coberturas ten o seguro de viaxe?

 

http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade

 



 

 





Segue aberto o prazo para solicitar axudas económicas para desenvolver proxectos xuvenís… ata o 13 de xuño:





 

 

 




 






 

 





 

 

 




http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico