martes, 10 de enero de 2017

AXUDA ÁS PERSOAS INQUILINAS DAS VIVENDAS ARRENDADAS, NO MARCO DO PROGRAMA ALUGA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Finalidade
O obxecto desta resolución é convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas para o financiamento parcial da renda dos contratos de arrendamento formalizados no marco do Programa Aluga.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas integrantes de unidades familiares ou de convivencia afectadas por execucións hipotecarias e que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como aqueloutras que sexan titulares de contratos de arrendamento de vivendas incorporadas ao Programa Aluga.
Prazo de presentación de solicitudes
De conformidade co establecido no artigo 45.3 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, as solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga.
No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do contrato ou, se é o caso, da súa prórroga.


lunes, 9 de enero de 2017

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE GRUPOS OPERATIVOS DE INNOVACIÓN EN MATERIA DE PRODUTIVIDADE E SUSTENTABILIDADE AGRÍCOLA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para o apoio á creación de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). E, así mesmo, convocar, para o ano 2017, as axudas á iniciativa de creación de grupos operativos para gastos destinados á definición, elaboración e busca de socios para proxectos innovadores, de acordo coas bases reguladores sinaladas no punto anterior.

Beneficiarias
Poderán acceder á condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como: agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E ACCIÓNS DE INFORMACIÓN PARA O SECTOR AGROFORESTAL E AGROALIMENTARIO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2017 de subvencións destinadas a financiar actividades de demostración e accións de información orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira, dirixidas, en especial, á mocidade e ás mulleres do medio rural, e tamén a financiar intercambios de breve duración referentes á xestión das explotacións agrícolas e silvícolas, así como visitas a explotacións agrícolas e silvícolas, orientadas a persoas en idade laboral, en activo ou con expectativa de incorporación en sectores produtivos relacionados coa agricultura e a silvicultura.
2. Para o apoio a estas actividades de demostración, accións de información, intercambios e visitas preveranse dúas modalidades de axudas:
a) Axudas para as actividades de demostración e accións de información baixo a submedida 1.2.
b) Axudas para intercambios e visitas a explotacións agrarias e forestais baixo a submedida 1.3.
3. Non se financiará ningunha actividade de investigación nin campos de ensaio.
Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades públicas ou privadas, con sede na Comunidade Autónoma de Galicia (entre elas, cooperativas ou outras entidades asociativas agrarias), que teñan entre as súas finalidades a formación e/ou información ao sector agrario, gandeiro, forestal e agroaliementario, e que teñan acreditada experiencia dun ano na organización de actividades de información e/ou demostración en materias relacionadas con estes sectores, e/ou na organización de visitas a explotacións agrícolas ou forestais ou programas de intercambio de breve duración, ou outras actividades similares que fomenten a transferencia de coñecementos ao sector.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes remata nun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

AXUDAS A ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRAS DE GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo IV da presente orde, e efectuar a convocatoria para a anualidade 2017-2018, de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no Rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo IV da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e se regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
d) Estaren ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non estaren suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
f) Non teren a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 

Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2016/17. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
4. Ás solicitudes xuntaráselles copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante (só en caso de denegar a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade). En caso de non dispor de DNI ou de NIE será preciso achegar o pasaporte ou un documento de identificación da Unión Europea.
5. En caso de solicitar proba adaptada xustificarase de acordo co disposto no artigo 9 desta orde.
6. En caso de solicitar exención dalgunha/s parte/s da proba, xustificarase de acordo co disposto nos artigos 21 e 24 desta orde, segundo o caso.
Realización da proba
1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D)

Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2016/17 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e documentación
1. As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
4. Ás solicitudes xuntaráselles copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante (só en caso de denegar a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade). En caso de non dispor de DNI ou de NIE será preciso achegar o pasaporte ou un documento de identificación da Unión Europea.
5. En caso de solicitar proba adaptada xustificarase de acordo co disposto no artigo 9 desta orde.
6. En caso de solicitar exención dalgunha/s parte/s da proba, xustificarase de acordo co disposto nos artigos 35, 36 e 37 desta orde, segundo o caso.
Realización da proba
A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.
1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.00 ás 13.30 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

AXUDAS PARA O LIBRO GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

 Obxecto
Conceder axudas á produción editorial para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Beneficiarias
Poderán optar a estas axudas todas aquelas entidades que acrediten a súa condición de editoras, de acordo co establecido no artigo 4.2.c) desta orde.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA E DE GAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Pagamento da factura eléctrica e de gas ás persoas economicamente máis vulnerables para asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica e de gas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 euros/ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, xa teñan ou non a subministración interrompida.

Prazo de presentación de solicitudes
Comezará o día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE e rematará o 15 de decembro de 2017.