miércoles, 29 de agosto de 2012

PROGRAMA DE INTEGRACION DAS PERSOAS DISCAPACITADAS

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR
ORDE do 21 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario
de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Obxecto: este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
Tipos de axudas:
a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal.
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos/as, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos neste anexo
Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:
a) As solicitudes de axudas á contratación poderanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2012.
b) As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2012.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2011 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.








SUBVENCIONS A INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO (ILES)

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto: fixar as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2012 das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, en desenvolvemento do Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral.
A finalidade deste réxime de axudas é fomentar e promover na Comunidade Autónoma de Galicia a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego e nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Tipos de axuda.
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Beneficiarios: Empresas privadas cualificadas como iniciativa local de emprego.
Prazo de presentación: ata o 25/09/2012

lunes, 20 de agosto de 2012

SUBV. A PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS, PARA USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS

AGADER


Obxecto das subvencións: As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores  que estean situadas nas áreas rurais de Galicia.
Proxectos Subvencionados: As axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio.
Só se valorarán aquelas solicitudes que representen un investimento subvencionable de polo menos 4.000 euros (sen IVE).
Prazo de presentación: Ata o 20 de setembro de 2012.

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL (PROGRAMA CONII)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto:
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que realicen as entidades colaboradoras con aquelas persoas desempregadas que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade, sendo prioritarios os seguintes colectivos de traballadores
que sexan contratados con carácter indefinido:
a) Persoas desempregadas de longa duración.
b) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.
c) Persoas desempregadas perceptoras da RISGA.
d) Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
e) Mozas e mozos desempregados sen cualificación.
f) Vítimas de violencia de xénero.
g) Persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.
h) Mulleres desempregadas.
Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea
para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde e que acrediten a condición de entidade colaboradora segundo o establecido no artigo 2.
Prazo de presentación: desde o 15/08/2012 a 01/10/2012

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACION É CONTRATACIÓN ( PROGRAMA FORCON)

 
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.


Obxecto:
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2012 da fase de emprego do programa mixto de formación e contratación (Programa Forcon) dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións temporais que, cumprindo os requisitos establecidos neste programa, se formalicen desde o 26 de xaneiro de 2012 ata o 30 de setembro de 2012.
Será subvencionable calquera modalidade de contratación temporal, incluídos os contratos en prácticas, para a formación, para a formación e o aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.
Os contratos temporais subvencionados que fosen transformados en indefinidos ao rematar a vixencia deste, e ata o 30 de setembro de 2012, terán dereito a unha axuda complementaria de 2.500 euros
Beneficiarios:
1.Poderán ser beneficiarias todas aquelas entidades que pertencendo aos sectores estratéxicos establecidos no Plan estratéxico Galicia 2010-2014, de xuño de 2010, teñan a condición de entidades colaboradoras.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación: do 15/08/2012 a 01/10/2012

lunes, 4 de junio de 2012

PROGRAMA RE-EXPORT 2012

IGAPE

As presentes bases regulan o obxecto, requisitos e procedemento para acceder a unha liña de avais do Igape para facilitar o acceso a financiamento operativo destinado ás actividades de exportación, someténdose ás directrices horizontais e sectoriais ditadas pola Comisión Europea. En particular, as garantías individuais que concedan o Igape ao abeiro destas bases deberán cumprir os requisitos establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE das axudas estatais en forma de garantía, para descartar a presenza de axuda estatal.
O importe máximo dos avais que se conceda será de 5.000.000 €, respectando xunto aos restantes avais concedidos ou que poida conceder o Igape o límite de risco establecido pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, que para o ano 2012 é de 500.000.000 € de acordo co artigo 39 da Lei 11/2011, do 26 de decembro.
Beneficiarios:
Poderán acceder aos avais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).
Prazo presentación: ata o 14/09/2012

AXUDAS A PEMES EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR


 Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).
As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación:
Liña I: Axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa. Por tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.
Liña II: Axudas para investimentos tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Liña III: Axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
Beneficiarios:
As pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, dez persoas.
Prazo de presentación: ata o 30 de xuño.