lunes, 30 de mayo de 2011

AXUDAS E SUBVENCIÓNS ÁS EMPRESAS CALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO (ILES)

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: convocatoria de axudas para fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto.
Tipos de axuda:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Beneficiarios: as empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano desde a notificación da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/06/2011

martes, 24 de mayo de 2011

SUBVENCIÓN ÁS INDUSTRIAS CULTURAIS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Subvencións ás industrias culturais
Obxecto: convocatoria de axudas establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, a través das seguintes liñas:
- Subvencións á actividade escénica
- Programa Crédito-cultura
- Subvencións á produción e promoción de traballos discográficos
- Subvencións á distribución
- Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada
- Subvencións á mellora técnica de estudios de gravación e salas de música ao vivo
Beneficiarios: as persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que cumpran os requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24/06/2011

lunes, 23 de mayo de 2011

SEMINARIO: “PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL”

Organiza
Fundación CEL – Iniciativas por Lugo, Igape e Bic Galicia
Obxecto
Axudar ó emprendedor a coñecer os conceptos básicos necesarios para enfocar o plan de negocio, deseñar o proxecto de empresa e contrastar a viabilidade do mesmo, en sesións eminentemente prácticas e impartidas por recoñecidos profesionais do mundo da empresa e a formación.
Destinatario
Persoas con proxectos empresariais, que queiran ampliar ou mellorar os seus coñecementos de xestión empresarial, a través da realización dun plan de negocio. Estas persoas deberían ser titulares ou cotitulares dos proxectos seleccionados.
Datas
Entrevista de selección: 30 de maio de 2011
Sesións de formación: 6, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23 de xuño de 2011
Titorías: 29 e 30 de xuño de 2011
Horario
De 16:00 a 21:00 horas
Lugar
Viveiro de Empresas da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos, O Palomar s/n, Lugo.
Notas
Inscrición gratuíta. Prazas limitadas. Tlf. 982 284 150
Máis información
Axencia de Emprego Fundación CEL
monica.renda@fundacioncel.org / Tlf. 982 284 150 ext. 301 e 304

miércoles, 18 de mayo de 2011

SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE) NAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Obxecto: convocatoria de axudas para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas (pemes), a través das seguintes liñas:
Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas.
Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial.
Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial.
Beneficiarios: as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo en Galicia, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250.
c) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
d) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/06/2011