lunes, 8 de septiembre de 2025

MODIFICACIÓN.- PREMIOS DA CULTURA GALEGA PARA O ANO 2025

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 4 de setembro de 2025 pola que se modifica a Orde do 23 de xuño de 2025 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2025 (código de procedemento CT142A).

AXUDAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 26 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2025/26 (código de procedemento ED421A).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2025/26 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de outubro de 2025.

jueves, 4 de septiembre de 2025

OPORTUNIDADE DE NEGOCIO: PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA

 



 Xornada sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA, que se desenvolverá o día 17 de setembro (mércores) de 2025 en modo ONLINE. Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas na PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA e/ou inquedanzas nesta produción e en  obter ingresos económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e asociacións que nos contarán a súa experiencia na PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA. Na Xornada contémplase un análise e plan de como debe ser a produción de mazá de sidra dendê un centro de investigación de Galicia, e mesmo como deben ser os contratos cos llagares, os custos de produción, as posibles e necessárias axudas PAC, etc. Achegamos programa previsto.

 

Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA é preciso inscribirse previamente, para aceder á conexión deben inscribirse aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/qX7z3V9oSQW7ruHDeTK0Yw#/registration Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se esquezan de inscribirse se desexan participar.


BONO CONCILIA FAMILIA 2025

 Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 25 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación, en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, a través do programa Bono Concilia Familia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS412A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias residentes en Galicia con nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 7 de setembro de 2025 (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.
2. Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes períodos do ano 2025:
– Do 1 ao 7 de xaneiro.
– Os días 3, 4 e 5 de marzo.
– Do 14 ao 21 de abril.
– Do 21 de xuño ao 7 de setembro.
3. As axudas previstas nesta orde tramitaranse baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e a finalidade das subvencións non será necesaria a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Concilia Familia os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia.
No suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por necesidades en períodos de vacacións escolares, ambos pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor de familia monoparental terán que estar traballando. Aos efectos deste apartado, as situacións de incapacidade permanente absoluta e gran invalidez equiparanse a esta situación. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente, acreditando que nese período de tempo lle corresponde a garda e custodia á persoa que solicita esta axuda, debendo presentar, nestes casos, cada pai/nai unha solicitude individual.
2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal debendo realizar unha única solicitude por neno ou nena, agás nos caso de custodia compartida, e por un único tipo de gasto. En caso de presentar máis dunha solicitude, atenderase á primeira solicitude realizada.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará ás 9.00 horas do día 8 de setembro de 2025 e finalizará o día 8 de outubro de 2025 ás 23.59 horas.

miércoles, 3 de septiembre de 2025

(E-MARTES) USO DE CERTIFICADOS DIXITAIS NA XUNTA DE GALICIA

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (e-martes), que se desenvolverá o día 23 de setembro de 2025 abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación que, na súa parte práctica, se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: o martes 23 de setembro de 2025.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen (Administración autonómica, para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional; ou cidadanía, no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en nome do curso a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 17 de setembro de 2025.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

martes, 2 de septiembre de 2025

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 26 de agosto de 2025 pola que se modifica a Orde do 26 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809D).

PREMIOS DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2025

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 14 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS310Q).

Obxecto
O obxecto é establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar a participación na obtención dos premios nas especialidades do programa Xuventude Crea 2025 as persoas non profesionais –exceptúase este requisito para a especialidade de teatro, modalidade Pro, nos termos establecidos no capítulo II para esta especialidade–, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Posuír nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea ou persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude, e desenvolver a actividade artística nalgunha das modalidades obxecto destes premios maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ser descendente de persoa emigrante galega ata o terceiro grao ou ter residencia habitual no estranxeiro pero vinculado con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
c) Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos feitos no ano 2025, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, DJ (disc-jóckey), música, teatro e videocreación, a participación será sempre a título individual.
Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade nesta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Especialidades dos premios do programa Xuventude Crea:
a) Artes plásticas, coas modalidades de pintura e escultura.
b) Arte urbana.
c) Banda deseñada.
d) Cociña.
e) Creación de contido.
f) Creación de videoxogos.
g) Danza moderna.
h) Deseño de xoias.
i) DJ (disc-jóckey).
j) Fotografía.
k) Moda.
l) Música.
m) Novela curta.
n) Poesía.
ñ) Teatro, coas modalidades de Afeccionado e Pro.
o) Videocreación.

Premios por cada unha das especialidades:
Un primeiro premio de 2.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.

Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.
Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades, a aquelas obras que conseguiran chegar á fase final en relación ás especialidades que establezan a dita fase á que acceden as persoas concursantes finalistas seleccionadas e que coa avaliación da comisión de selección, acaden a suficiente calidade.