lunes, 7 de agosto de 2023

COMPLEMENTO OEP 2022 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023 pola que, en execución de sentenza, se complementa a oferta de emprego público desta universidade e dos seus entes adscritos para o ano 2022.


AXUDAS FÁBRICA INTELIXENTE E SUSTENTABLE 2023

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a iniciativa Fábrica intelixente e sustentable, orientada a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN854A).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA INDEMNIZACIÓNS POLO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE ANIMAIS 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 29 de xuño de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C).

CORRECCIÓN DE ERROS.- INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR350C).


LEI 3/2023, DO 4 DE XULLO, REGULADORA DOS XOGOS DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia.

lunes, 24 de julio de 2023

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS PROTEXIDAS 2023

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 as axudas para a adquisición de vivendas protexidas (código de procedemento VI420C).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2023 as subvencións para a adquisición de vivendas protexidas, que se tramitarán co código de procedemento VI420C.
2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuíren a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, teren a residencia legal en España.
b) Seren adquirentes ou adxudicatarias, en primeira transmisión, dunha vivenda de protección autonómica de réxime xeral ou especial de nova construción ou procedente da rehabilitación, cualificada definitivamente na data de publicación desta resolución.
c) Teren subscrito con posterioridade ao 30 de setembro de 2022 un contrato privado de compravenda da vivenda, visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.
d) Estaren a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teren pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Non estaren nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha delas deberá cumprir os requisitos sinalados no primeiro parágrafo para poder ser beneficiaria da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 2 de outubro de 2023 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS 2023

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).