lunes, 6 de marzo de 2023

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1,2,3 E 4, NO ANO 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2023, con código de procedemento administrativo PL500C.

Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Localidade                                                     Nivel
Santiago de Compostela                Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4

Ponferrada                                           -       Celga 2 Celga 3 Celga 4

As sedes e horarios para desenvolver as probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Presentación de solicitudes e prazo.
5.1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
5.2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita) poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De necesitar algún tipo de axuda para realizar as probas por mor dunha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se a discapacidade alegada dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
5.3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5.4. O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

jueves, 2 de marzo de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 

Jefe/a de sala de central receptora de alarmas

Vilalba, Lugo |

Jefe/a DE SALA EN CRA (Central Receptora de Alarmas) - Grupo On Seguridad ubicada en Vilalba, Lugo (España)
Trabajo Presencial
Salario: 20. 000€ - 22.000€ Bruto/año
Experiencia mínima: al menos 2 en sistemas de alarmas
Tipo de contrato: indefinido, jornada completa
Descripción
Debido al crecimiento de la empresa, se va a incorporar un segundo jefe/a de Sala, a la Central Receptora de Alarmas, para reforzar dicho puesto.
Persona encargada de gestionar y coordinar el buen funcionamiento de Sala en todos sus aspectos, técnico/a y humano.

REQUISITOS
Estudios mínimos Ciclo Formativo Grado Medio
Experiencia mínima Al menos 2
Idiomas requeridos Inglés - Nivel Intermedio
Conocimientos necesarios ofimática a nivel avanzado, sistemas de alarmas, Seguridad
Experiencia en puesto similar o conocimientos técnicos en el mundo de la seguridad Privada y manejo de aplicaciones de seguridad remota

Tipo de industria de la oferta: Servicios de seguridad

https://insertia.net/ver-oferta/92547850-272e-416f-923e-fcd97f85b041

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE DOUTORAMENTOS INDUSTRIAIS 2021

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2022, conxunta da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se modifica a distribución por anualidades das axudas concedidas na Resolución do 17 de decembro de 2021 pola que se adxudican as axudas da Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, Programa de doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

miércoles, 1 de marzo de 2023

PROGRAMA DE FORMACIÓN: CANLES CURTAS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR AGROALIMENTARIO

 

PROGRAMA DE FORMACION SOBRE

“CANLES CURTAS DE COMERCIALIZACION NO SECTOR AGROALIMENTARIO"

 

O programa de formación pon a disposición de todos os interesados os materiais en liña desenvolvidos no proyecto Erasmus + Foodimprov´iders complementados cunha oferta de conferencias web de curta duración e un taller presencial no mes de maio 2023.

 

 

Inscrición aberta, continua e gratuita

­

PROGRAMA DE FORMACION SOBRE

“CANALES CORTOS DE COMERCIALIZACION EN EL SECTOR AGROALIMENTARIO"

 

El programa de formación pone a disposición de todos los interesados los materiales on-line desarrollados en el proyecto Erasmus + Foodimprov´iders complementados con una oferta de conferencias web de corta duración y un taller presencial en el mes de mayo 2023.

 

 

Inscripción abierta, continua y gratuita

MÁIS INFORMACIÓN

­


­

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR341Q).

Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 8096, no artigo 6.3.b) hai un erro material; onde di: «As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias e que se encontren no suposto do artigo 6.2.a) desta orde», debe dicir: «As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias e as que se encontren no suposto do artigo 6.2.a) desta orde».

SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL 2023

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 23 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300C).

Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Persoas e entidades beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de gran establecemento comercial segundo a normativa aplicable e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño de 2014), teñan un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade para a que vai dirixida a subvención.
No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras actividades comerciais ou servizos non subvencionables, o solicitante deberá acreditar fidedignamente que a actividade principal está incluída nas epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III. En todo caso, a actividade principal do establecemento deberá realizarse de forma notoria e inequívoca.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día do prazo de presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.