jueves, 16 de septiembre de 2021

2ªCONVOCATORIA 2021 SUBVENCIÓNS PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos que se recollen no anexo II, Relación de equipamento (código de procedemento PR949A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

martes, 14 de septiembre de 2021

lunes, 13 de septiembre de 2021

CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA 2, 3 E 4 NO ANO 2021



CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE


Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4 no ano 2021, con código de procedemento administrativo PL500C.

Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Presentación de solicitudes e prazo.
5.1. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
5.2. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita), poderán solicitar motivadamente a exención da realización da proba ou probas referidas a esas destrezas.
De necesitar algún tipo de axuda para a realización das probas por mor dunha discapacidade, a persoa indicará na súa solicitude o apoio concreto que precisa (lectura fácil –para persoas con discapacidade intelectual–, máis tempo, maior tamaño de letra...).
En todo caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística valorará se a discapacidade alegada dá lugar á exención e/ou ao apoio solicitados.
5.3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5.4. O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

ORDE DO 9 DE SETEMBRO DE 2021, MODIFICACIÓN DA ORDE DO 25 DE XUÑO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 9 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE DO 9 DE SETEMBRO DE 2021, MODIFICACIÓN DO ANEXO DA ORDE DO 21 DE XULLO DE 2021 DE MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 9 de setembro de 2021 pola que se modifica o anexo da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia.