lunes, 13 de septiembre de 2021

2ª CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS ÁS AXENCIAS DE VIAXE PARA O MANTEMENTO DO ESTABLECEMENTO 2021

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe para mantemento do establecemento, e se anuncia a súa segunda convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU983F).

Obxecto e réxime
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír ao desenvolvemento da normal actividade das axencias de viaxe para o ano 2021.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresa turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas, que teñan o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de xustificación de la subvención
A entrega da documentación xustificativa terá de prazo ata o 15 de novembro de 2021.

AXUDAS PARA O FOMENTO E A PROMOCIÓN DE RODAXES AUDIOVISUAIS

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT207G).

Obxecto
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega para o ano 2021 e 2022 (código de procedemento CT207G).

Entidades beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta cunha antigüidade mínima, sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1, e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

martes, 7 de septiembre de 2021

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios
De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Angilla, Antiga e Barbuda Aruba, Bahamas, Belice, Bermudas, Costa Rica, Cuba, Curaçao, Dominica, Guatemala, Honduras, Illas Virxes EEUU, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Porto Rico, Venezuela, Haití, San Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Martín, Surinam, Xamaica.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Afganistán, Bangladesh, Brunei, Iraq, Irán, Israel, Kazajistán, Kyrgyztan, Malaisia, Maldivas, Mongolia, Palestina, Siria, Sri Lanka, Quirguicistán, Tailandia e Timor do Leste.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Albania, Acerbaián, Bulgaria, Chipre, Eslovenia, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Irlanda, Illa de Man, Jersey, Kosovo, Liechtenstein, Lituania, Macedonia do Norte, Mónaco, Montenegro, Portugal, Reino Unido, San Marino, Serbia, Suíza, Turquía, Xeorxia e Xibraltar.

e) Oceanía: Fidxi, Polinesia Francesa e Guam.

f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Baleares, Cantabria, Castela La Mancha, Ceuta, Estremadura, Melilla, País Vasco e A Rioxa.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

lunes, 6 de septiembre de 2021

3ª EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade das bases reguladoras e da convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (terceira edición) (código de procedemento TR320B).

Obxecto
É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (TR320B).

Beneficiarias
a) Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.
b) Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
2. Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
3. Non ser entidades sen ánimo de lucro.

Servizos a que optarán as empresas beneficiarias do Programa:
1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e nas ferramentas da RSE. Asemade, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.
3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

Forma e lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado incluído como anexo I desta resolución e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo para presentación de solicitudes
1. O prazo estará aberto desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilizate.
2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.

ORDE DO 1 DE SETEMBRO 2021, PRORROGA E MODIFICACIÓN DO ANEXO DA ORDE DO 21 DE XULLO DE 2021 DE MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 1 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica o anexo da Orde do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan de autorización xudicial para a súa eficacia.

viernes, 3 de septiembre de 2021

SUBVENCIÓNS A PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS Á CAPACITACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DAS FUNCIÓNS RELACIONADAS CO DIÁLOGO SOCIAL E A NEGOCIACIÓN COLECTIVA 2021-22

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 18 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios de 2021 e 2022 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a propia convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Emprego e Igualdade ás organizacións sindicais e asociacións empresariais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, de acordo coa Orde TMS/379/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

Beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta convocatoria:
a) En relación coas subvencións destinadas ao financiamento de actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (liña 1):
1º. As organizacións sindicais que participan no dito ámbito, nos termos establecidos no artigo 7 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución de calquera deses fins.
2º. As organizacións empresariais que participan no dito ámbito, nos termos establecidos na disposición adicional sexta do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución de calquera deses fins.
b) En relación coas subvencións destinadas ao financiamento de actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (liña 2):
As organizacións sindicais e empresariais que participan no dito ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución daqueles fins.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

ORDE 1 DE SETEMBRO DE 2021 POLA QUE SE PRORROGA E MODIFICA A ORDE DO 25 DE XUÑO DE 2021 MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 1 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se mantén a suspensión da exixencia da exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos prevista nela e na Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e se substitúe por unha regulación transitoria e provisional.