martes, 4 de mayo de 2021

CURSO DE DIRECTOR/A DE CAMPOS DE TRABALLO

 

Curso de Director/a de Campos de Traballo que imos organizar en Gandarío no mes de maio (ponte das Letras Galegas).

O curso se desenvolverá de maneira intensiva do venres 14 de maio ás 16 h. ata o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 20 h. nas instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo). Tras estas datas, inclúe 10 h. de formación telemática en diferido en materia de seguros e responsabilidade civil, e 4 horas de presentación dos proxectos o día 22 de maio, de maneira telemática presencial, como peche do curso.

Os requisitos para inscribirse son: estar en posesión do título de Director/a de Tempo Libre e ter experiencia coordinando un equipo de animación no lecer educativo de polo menos 15 días.

prezo da matrícula é de 250 € e inclúe aloxamento e pensión completa durante o intensivo da ponte das Letras Galegas, con facilidades de pago fraccionado. Existe a posibilidade de matricularse sen aloxamento nin mantenza, e o custe da matrícula é de 175€. Coa matrícula do curso expídese certificado de desprazamento para actividades formativas.

É un curso oficial expedido e homologado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e habilita para coordinar equipos de animación e dirixir campos de voluntariado.

Trátase do derradeiro curso oficial de tempo libre, tras o de monitor/a e o de director/a, e ten unha duración de 50 h. teóricas, máis unha fase práctica a desenvolver nalgún campo de voluntariado (a matrícula do curso inclúe a posibilidade de facelas con nós este verán en campos da Campaña de Verán 2021 da Xunta). O curso levarase a cabo con grupo reducido e mantendo as distancias e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias acordes ao momento que estamos a vivir.

CURSO EMPRENDEMENTO, LIDERAZGO E NOVOS MODELOS DE NEGOCIO


Curso que organiza el Concello de Lugo - CEI NODUS y la Fundación INCYDE.

 Se trata de un programa online y totalmente GRATUITO

Duración: 6 semanas. Sólo 10 horas a la semana. Clases ONLINE a través de ZOOM y una hora de tutoría individual a la semana.

Requisitos: Ser menor de 30 años, no estar estudiando ni trabajando y ser BENEFICIARIO/A de garantía juvenil.

 Las inscripciones se pueden realizar en este enlace https://www.incyde.org/ficha/emprendimiento-liderazgo-y-nuevos-modelos-de-negocio/lugo/8b16ebc056e613024c057be590b542eb

o poniéndose directamente en contacto por correo luziarp@hotmail.com o por teléfono 663064806.

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DE APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Anguila, Arxentina, Aruba, Bermudas, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Curaçao, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana e Uruguai.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Kazakstán, Kuwait, Líbano, Maldivas, Mongolia, Omán, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Xordania.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Alemaña, Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Chipre, Croacia, Estonia, Eslovenia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Kosovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Montenegro, Polonia, República Checa, Romanía, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína e Xeorxia.

e) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Andalucía, Aragón, Cantabria, Castilla La Mancha, Cataluña, Ceuta, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e La Rioja.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

DATAS DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4.

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021:
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

22 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E e F.

23 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ e O.

29 de maio de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

30 de maio de 2021, para todas as persoas admitidas.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

5 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: Y, Z, A, B, C, D, E, F, G, H, I, J e K.

6 de xuño de 2021, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W e X.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

12 de xuño de 2021, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poderán consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias). Así mesmo, na web tamén se publicará a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e aula correspondentes.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), unha vez que remate a proba escrita.

Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da pandemia da COVID-19, co fin de protexer a saúde propia e a dos demais, todas as persoas que se van presentar ás probas deberán respectar as seguintes medidas:
– Tanto o día previo á proba como o día da proba, deberán tomar a súa temperatura e observar se teñen síntomas respiratorios. As que presenten síntomas compatibles coa COVID-19, as que fosen diagnosticadas coa enfermidade e as que estean en illamento ou corentena por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada nos últimos 10 días non poderán acudir á proba.
– Ademais do documento de identificación persoal (DNI, NIE ou pasaporte) e dun bolígrafo, deberán ir provistas de máscara (cirúrxica ou FFP2), que lles tape o nariz e a boca. Recoméndase o uso de xel hidroalcohólico individual, ben que no centro haberá dispensadores de xel para a hixiene das mans.
–Manterán a distancia de seguridade de 1,5 metros.
– Presentaranse na porta de acceso correspondente entre as 8.00 e as 8.45 horas e dirixiranse á súa aula seguindo os sinais establecidos e as indicacións do persoal da organización. Non se permitirá a entrada de acompañantes nin doutras persoas alleas á proba, agás no caso daquelas que precisen asistencia.
– Respectarán todas aquelas outras medidas que se establezan e publiquen na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias), co fin de garantir un desenvolvemento seguro de todo o proceso.

SUBVENCIÓNS PARA A IMPLANTACIÓN E O PULO DA ESTRATEXIA DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL, 2021

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 19 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código do procedemento CO300C).

Obxecto
A concesión de subvencións para a implantación e pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesán.

Persoas e entidades beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio; p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día do prazo de presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 3 de mayo de 2021

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 DA MEDIDA LEADER PARA 2021-22

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2021 e 2022, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural).

Beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.

Outros datos
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.
Na xestión destas axudas participan os grupos de desenvolvemento rural (GDR) que foron seleccionados como entidades colaboradoras da Administración para a xestión da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020.
As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50 % da subvención concedida.

AXUDAS AO SECTOR DO LÚPULO 2021

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 20 de abril de 2021 pola que se convocan as axudas ao sector do lúpulo na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (códigos de procedemento MR360F e MR360G).

Finalidade
As axudas recollidas nesta orde teñen como finalidade fomentar a produción do cultivo do lúpulo con novas plantacións, a reconversión e a mellora das plantacións existentes e a súa mecanización para asegurar o futuro do sector do lúpulo, evitar a tendencia ao abandono e adecuar a produción á demanda da industria, garantir a súa permanencia, rendibilidade e viabilidade a longo prazo.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde:
Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotacións existentes:
As persoas físicas ou xurídicas, ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas incluídos entes sen personalidade xurídica, titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia (Reaga), con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación suficiente e que presenten unha memoria valorada na que se describa a viabilidade do investimento ou da actuación. Así mesmo, en caso de novas plantacións, deberán presentar un plan de mellora no que se contemplen os requisitos establecidos no anexo IV e en caso de reconversión varietal segundo o anexo V desta orde, que deberán recoller aspectos ambientais.
Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica:
a) As sociedades cooperativas e as súas agrupacións ou unións.
b) Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).
c) Asociacións de Produción Integrada en Agricultura (Aprias).
d) Outras agrupacións agrarias sen personalidade xurídica propia baseadas nun pacto contractual, recoñecido pola autoridade competente e subscrito por un mínimo de sete persoas físicas titulares de explotacións agrarias, aínda que excepcionalmente e en casos concretos, debidamente xustificados polas características do equipo para subvencionar, poderán reducirse os compoñentes destas agrupacións.
e) Agrupacións de produtores ou agricultores individuais que teñan unha superficie cultivada de lúpulo que faga viable a adquisición.
f) As persoas físicas ou xurídicas con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación profesional suficiente e requirido pola autoridade competente e que presenten un proxecto viable desde o punto de vista técnico e económico.
Poderanse presentar solicitudes conxuntas entre varios beneficiarios para a adquisición de maquinaria agrícola e equipamentos específicos, grupos de presión e máquinas ou instrumentos de modernización e mellora dos sistemas de seca da flor de lúpulo xa existentes e a súa instalación sempre e cando non supere o máximo por persoa beneficiaria establecido no artigo 38 do Real decreto 284/2019, do 22 de abril.
En ambos casos deberán cumprir os requisitos especificados no artigo 3 da orde da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.