miércoles, 11 de noviembre de 2020

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN PREVISTA NA ORDE DO 27 DE XULLO DE 2020 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedente doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.


De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Costa Rica, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua e República Dominicana.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Kazakstán, Kyrguistán, Kuwait, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen, Vietnam e Xordania.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Andorra, Armenia, Bélxica, Bosnia, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Francia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Kosovo, Liechtenstein, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Mónaco, Montenegro, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Romanía, San Mariño, Suíza, Xeorxia e Xibraltar.

e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam e a Polinesia Francesa.

f) En todas as comunidades autónomas e cidades autónomas de España, con excepción de Baleares, Canarias e a Comunidade Valenciana.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL E AS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 27 de outubro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

martes, 10 de noviembre de 2020

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS, PARA 2020-2021

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).

ORDE DO 9 DE NOVEMBRO POLA QUE SE MODIFICA A ORDE DO 4 DE NOVEMBRO DE 2020 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DO COVID-19 EN GALICIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 9 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.


OTROS:

Modificación 1: Orde do 8 de novembro, modificación Medidas de prevención específicas

Orde do 4 de Novembro, Medidas de prevención específicas

DECRETO 151/2020 DO 9 DE NOVEMBRO, POLO QUE SE MODIFICA O DECRETO 179/2020 DO 4 DE NOVEMBRO, POLO QUE SE ADOPTAN MEDIDAS EN GALICIA PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

DECRETO 181/2020, do 9 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se modifica o Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.


Otros:

DECRETO 179/2020 do 4 de Novembro