jueves, 9 de agosto de 2018

CONVOCATORIA DE 100 BOLSAS PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR

                                                                                      CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen bolsas (100) para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos académicos de acceso a un ciclo de grao superior de formación profesional.

Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE AXENTES DE EMPREGO E UNIDADES DE APOIO NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2016 de axentes de emprego e unidades de apoio (procedemento TR352B), que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

miércoles, 8 de agosto de 2018

AXUDAS PARA O INVESTIMENTO NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E DO EQUIPAMENTO DOS CENTROS DE PROTECCIÓN DE MENORES DEPENDENTES DE ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás entidades de iniciativa social que presten o servizo de acollemento residencial e/ou atención de día a menores baixo a protección da Xunta de Galicia a través da realización das obras menores e da compra do equipamento precisos, na consideración de que a mellora de infraestruturas e do mobiliario e recursos educativos utilizados son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada. Así mesmo, convócase esta axuda para o ano 2018.

Entidades beneficiarias
1. Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro que teñan en funcionamento un ou máis centros de protección de menores que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
A entidade beneficiaria non poderá ter recibido axudas financiadas con fondos estruturais e de investimento europeos (EIE) 2007-2013 para o mesmo concepto de gasto.
2. Todos os centros citados para os que se solicitan a axuda deben cumprir os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o sistema de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como na normativa de desenvolvemento.
3. Non se poderá obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DA PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

CORRECCIÓN DE ERROS.- BASES REGULADORAS CONCESIÓN DE BOLSAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO PARA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN

martes, 7 de agosto de 2018

SUBVENCIÓNS DE VALORIZACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados por pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a competitividade mediante procesos produtivos ou técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados favorecendo a minoración do impacto ambiental.
2. Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
a) Compra de maquinaria nova, sempre que esté adscrita a procesos produtivos novos ou a elaboración e fabricación de novos produtos, técnicas de secado, preparación ou tratamento que supoñan á valorización de produtos existentes, incrementando o seu valor ou a extensión do seu catálogo.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC) expresamente ligados aos procesos de valorización ou á produción de novos produtos ou técnicas que incrementen o valor unitario de seus produtos ou o seu catálogo.
d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
e) Proxectos ou estudos de enxeñaría, ou deseño adscritos aos procesos ou técnicas anteriores, sempre que se acrediten xunto con investimentos en procesos produtivos.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector da industria radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos forestais procedentes do monte, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. As empresas deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará cunha declaración responsable da persoa solicitante de que a empresa cumpre coa dita normativa.
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e un contrato de prevención de riscos laborais antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data da fin do prazo de solicitude.
3. Non poderán acadar a condición de persoa beneficiaria:
a) Aquelas persoas solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme á normativa comunitaria.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.