martes, 7 de agosto de 2018

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DESTA CONSELLERÍA PARA O CURSO 2018/19

                                                                                       CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
O obxecto é convocar en réxime de concorrencia competitiva esta oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2018/19, e establecer as bases para a súa concesión (procedemento BS303C).

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

Cidade                          Residencia                          Prazas

Lugo           Centro Residencial Xuvenil LUG    4 Home/muller

Ourense        Florentino L. Cuevillas                   5 Home/muller

Vigo                        Altamar                         
      6 Home/muller

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
3. Estar a cursar estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

CORRECCIÓN DE ERROS.- ÉPOCAS HÁBILES DE CAZA, AS MEDIDAS DE CONTROL POR DANOS E OS RÉXIMES ESPECIAIS POR ESPECIES DURANTE A TEMPADA 2018/19

lunes, 6 de agosto de 2018

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS ESPECIALIZADAS EN PRODUCIÓN VEXETAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal (procedemento MR419A), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 4, Investimentos en activos físicos, submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, contribuíndo directamente ás áreas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola) e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).
Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

Persoas beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritos no Reaga, con orientación técnica económica principal en:
1. Horticultura ao aire libre.
a) Hortalizas ao aire libre.
b) Flores e plantas ornamentais ao aire libre.
c) Cultivos mixtos ao aire libre.
2. Horticultura en invernadoiro.
a) Hortalizas en invernadoiro.
b) Flores e plantas ornamentais en invernadoiro.
c) Cultivos mixtos en invernadoiro.
3. Horticultura e cultivos diversos.
a) Cogomelos, champiñóns e outros fungos cultivados.
b) Viveiros vitícolas.
c) Viveiros de árbores e arbustos froiteiros (agás castiñeiros e nogueiras).
d) Viveiros de planta ornamental.
4. Cultivos leñosos.
a) Froiteiras (agás castiñeiros e nogueiras).
b) Oliveiral.
5. Sementes e plántula de hortalizas.
6. Pataca.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS A ORGANIZACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS NON REGRADAS E DE DIVULGACIÓN QUE IMPULSEN O COÑECEMENTO, A COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras que rexerán a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sostible, en concordancia coa Estratexia de Formación da Industria Forestal (código de procedemento IN501A).

2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e reconciliada co ambiente, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:
a) Asociacións sen ánimo de lucro representativas da industria forestal.
b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).
c) Colexios profesionais cando as accións subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, a teor do disposto nos seus estatutos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.

PREMIOS E AXUDAS AOS PROXECTOS PILOTO INDUSTRIA 4.0

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
O obxecto destas bases é a regulación da concesión dun premio a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes non inferior a tres, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos.

Entidades beneficiarias
1. Poderán obter os premios os organismos intermedios incardinados nalgunha das seguintes definicións:
a) As organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio á competitividade empresarial das pemes nas súas diversas formas e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten de forma habitual servizos empresariais de apoio á competitividade das pemes e promovan proxectos nos cales non persigan a obtención de beneficios.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas as pemes que desenvolvan unha actividade no ámbito da nova industria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 28 de setembro de 2018.

jueves, 2 de agosto de 2018

DECRETO 76/2018 MODIFICACIÓN DO DECRETO 52/2014 POLO QUE SE REGULAN AS INSTRUCCIÓNS XERAIS DE ORDENACIÓN E DE XESTIÓN DE MONTES DE GALICIA

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias/os autónomas/os e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión, ou contar cando menos cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en educación infantil.
2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.
3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
d) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto piloto.
e) Establecerse como empresaria/o autónoma/o ou constituír unha cooperativa de traballo asociado.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.