miércoles, 2 de agosto de 2017

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. A aplicación informática da sede electrónica estará dispoñible desde as 9.00 horas do día seguinte ao da súa publicación no DOG ata as 23.59 horas do día de finalización do prazo.

jueves, 27 de julio de 2017

AXUDAS PARA A BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DOS AUTÓNOMOS E AS MICROEMPRESAS DE GALICIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto reducir os custos do financiamento das microempresas para acometer investimentos en Galicia e dotarse da liquidez necesaria para o desenvolvemento da actividade.
Beneficiarios
As empresas que teñan a consideración de microempresa, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

En calquera caso, deberase nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado para o efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das bases reguladoras, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

Os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe inferior ou igual a 25.000 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas de actividade e localización, establecidas nas bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017. No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

AXUDAS PARA A BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DE FINANCIAMENTO DAS PEQUENAS EMPRESAS.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


 Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto reducir os custos do financiamento das pequenas empresas para acometer investimentos en Galicia e dotarse da liquidez necesaria para o desenvolvemento da actividade.
Beneficiarios
As empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos dos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo cunha entidade financeira adherida ao convenio de colaboración asinado para o efecto, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das bases reguladoras, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2017, ICO-Garantía SGR/SAECA 2017 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

Os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2017 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe superior a 25.000 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas e características dos proxectos que se van financiar, establecidas nas bases reguladoras da axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017. No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

miércoles, 26 de julio de 2017

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA


Aprobar a oferta de emprego público da Administración do Parlamento de Galicia para o ano 2017, constituída polas seguintes prazas vacantes dotadas orzamentariamente e que deben ser provistas mediante o persoal de novo ingreso que se relaciona a seguir:
Tipo de persoal: funcionario.
Grupo de clasificación profesional: A.
Corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia.
Número de prazas: 1.
Tipo de persoal: funcionario.
Grupo de clasificación profesional: B.
Corpo de xestión do Parlamento de Galicia.
Escala técnica de tecnoloxías.
Número de prazas: 2.
Tipo de persoal: funcionario.
Grupo de clasificación profesional: D.
Corpo auxiliar do Parlamento de Galicia.
Número de prazas: 1.
O ingreso nos corpos e na escala relacionados farase por oposición libre.

PRAZA NO LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS DA UNIVERSIDADE DE KIEL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, unha bolsa de formación no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas no Centro de Estudos Galegos localizado na Universidade de Kiel, Alemaña.
Persoas beneficiarias
Españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de Galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de Inglés.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 24 de julio de 2017

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás pemes, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovaci que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN848D), e as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.
2. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.