martes, 4 de enero de 2011

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola.
Obxecto: convocatoria de axudas para desmantelamento de tractores e máquinas automotrices agrícolas vellas e a súa substitución por novos tractores e novas máquinas que, ao estaren equipadas con modernas tecnoloxías, melloran as condicións de traballo, teñen unha maior eficiencia enerxética e producen menor impacto ambiental
Beneficiarios: as persoas físicas títulares dunha explotación agraria ou as cooperativas agrarias, as cooperativas de explotación comunitaria da terra, as cooperativas de traballo asociado cuxa súa actividade principal sexa a agraria, e as SAT
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 04/04/2011

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/86d9142ca4027ff2c125780d005da439/$FILE/00200D009P052.PDF
Obxecto: convocatoria de axudas á produción editorial para apoiar a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas
Beneficiarios: aquelas entidades que acrediten a súa condición de editoras
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 04/02/2011
SOLICITUDE

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.
Obxecto: convocatoria de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, a través das seguintes liñas:
a) Investimentos das empresas co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera
b) Investimentos das empresas destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos
c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais
d) A implantación e mantemento no Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS)
e) Investimentos para a adaptación do software destinado a potenciar o emprego, por parte das empresas, de medios electrónicos no cumprimento das obrigas de información en materia ambiental, en particular, no tocante á xestión dos residuos industriais e á realización da autodiagnose ambiental
Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 04/02/2011
SOLICITUDE

PRESIDENCIA

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Obxecto: convocatoria de axudas para incentivar a adquisición e o uso de vehículos con tecnoloxías de tracción tal que a principal fonte de subministración de enerxía sexa a rede xeral eléctrica e que favorezan o aforro e a mellora da eficiencia enerxética no sector do transporte
Beneficiarios: calquera entidade ou persoa física ou xurídica, de natureza pública ou privada
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31/03/2011
Prazo de adhesión de novos concesionarios/comercios ao programa: Ata o 31/03/2011

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL E MARIÑO

Orde ARM/3407/2010, de 22 de decembro, pola que se modifica a Orde APA/920/2008, de 25 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o desenvolvemento de novos mercados e campañas de promoción de produtos da pesca e da acuicultura.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Obxecto: convocatoria de axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, de transparencia na información e facilidade no cobramento, e de localización da frota nos seus vehículos. En concreto, consideraranse gastos subvencionables os seguintes:
a) Sistema GPS debidamente instalado no taxi, o cal debe permitir que, ante unha situación de emerxencia en que perigue a integridade física do taxista, este poida activar un sinal que se reciba no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
b) Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
c) Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS
Beneficiarios: os titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes para o efecto
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/03/2011