martes, 29 de septiembre de 2026

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: O CULTIVO DA ÁRNICA EN GALICIA

 


Galicia alberga unha subespecie atlántica autóctona de Arnica montana cun quimiotipo diferenciado, máis valorado pola industria farmacéutica e cosmética polo seu menor efecto alérxeno.  Esta xornada percorre toda a cadea de valor da árnica —recurso natural, marco normativo, cultivo, transformación, mercado, financiamento e modelo cooperativo— co obxectivo de ofrecer unha visión completa e aplicada desta oportunidade de diversificación para o sector agrario galego.

 

Programa previsto:


🏵️ Árnica galega: singularidade, estado de conservación e resultados de ensaios de cultivo do Campus Terra
📜 Marco normativo de conservación e aproveitamento 
🌱 Cultivo ecolóxico e transformación propia de árnica en Taüll Orgànics
🧑‍🌾 Manexo agronómico do cultivo de árnica: propagación, solo e fases do cultivo. Experiencia comparada dunha explotación de montaña consolidada
🏫 Escola Agraria de Alta Montaña de Becerreá: cultivo didáctico e investigación aplicada sobre árnica
🚜 Poscolleita: secado, conservación e control de calidade
💊 Demanda de árnica seca por parte de laboratorios
💶 Liñas de axuda para a diversificación de cultivos: nova PAC 2028/2032

📆 08/10/2026 
🖥️ Online: Zoom. 
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/OVOl3HJPQzWapgm9pTTcJQ#/registration 

➕ Máis información:  🖥️ online ou 📞 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase nas actividades da Rede Eusumo - Economía Social de Gaicia.