CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a recuperación de soutos danados polos incendios forestais do mes de xullo de 2022; previstas no Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 e convocar para o ano 2023 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; con código de procedemento MR616E.
Tamén é obxecto desta orde regular o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na súa execución e xestión e convocar a súa elección en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, con código de procedemento MR616D.
Liñas de axuda
1. As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axuda para a corta, recollida e estelado ou retirada de pés de árbores danados polos incendios, roza do souto e a plantación de novos pés de castiñeiros en substitución dos exemplares danados (liña I-S).
b) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou nos cerramentos dos soutos (liña II-S).
A petición desta liña está condicionada a que se solicite a liña I-S e, unicamente, está dirixida ás persoas beneficiarias sinalados no artigo 16.4.
c) Axuda para a reparación dos danos causados polos incendios nos equipamentos inmobiliarios auxiliares da explotación do souto para castaña (liña III-S). A petición desta liña está condicionada a que se solicite a liña I-S.
Persoas beneficiarias
1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares, arrendatarios ou que teñan un dereito de explotación e/ou xestión dos soutos, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.
Poderán ser beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as Sociedades de fomento forestal (Sofor) que estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta ou no Rexistro das Sofor, e os axentes promotores produtivos que, ao abeiro do establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sexan adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada.
Tamén serán persoas beneficiarias aquelas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldeas modelo resulten seleccionadas, segundo o establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Tanto os polígonos agroforestais como as aldeas modelo deberán estar rexistrados, respectivamente, no Rexistro Público de Polígonos Agroforestais ou no Rexistro de Aldeas Modelo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC).
2. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as persoas beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. No caso das comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta reitora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no momento da solicitude da axuda.
4. No caso de danos causados polos incendios nas pistas forestais estremeiras ou interiores e/ou cerramentos dos soutos (liña II-S), as persoas beneficiarias só poderán ser asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, comunidade de montes veciñais e man común, Sofor, axentes promotores produtivos adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada e outras persoas xurídicas.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde 40 días hábiles seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.