viernes, 26 de mayo de 2023

AXUDAS PARA PALIAR AS PERDAS DE PRODUCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS APÍCOLAS AFECTADAS POLOS GRANDES INCENDIOS FORESTAIS DE 2022, PARA 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 25 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR506C).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MR506C).
2. A axuda consistirá nun pagamento a tanto global destinado a compensar as perdas de produción destas explotacións apícolas.
3. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Ámbito de aplicación
Esta orde será de aplicación ás explotacións apícolas que teñan asentamentos nas zonas afectadas polos incendios que se produciron en Galicia no ano 2022, pertencentes aos concellos que, segundo os rexistros da Dirección Xeral de Defensa do Monte, presentaron máis de 1.000 hectáreas queimadas no dito ano, e que se recollen no anexo I da orde.

Persoas beneficiarias e requisitos
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións apícolas, con exclusión das administracións ou entidades do sector público e as explotacións de autoconsumo, segundo a capacidade produtiva que figura na base de datos oficial do rexistro de explotacións apícolas, que teñan asentamentos nos concellos afectados polos grandes incendios que se produciron en Galicia no ano 2022, e que se relacionan no anexo I.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter a explotación apícola rexistrada no rexistro oficial de explotacións apícolas de Galicia con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2023, fóra de quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data.
En caso de fusións de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade a do titular con maior antigüidade.
2. Que a explotación permaneza en estado de alta no rexistro oficial no momento da solicitude da axuda.
3. Ter realizada á base de datos oficial a declaración de censo de colmeas nos asentamentos localizados nos concellos afectados, con data de referencia a 31 de decembro de 2022, ou posterior a esa data.
4. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Solicitudes e prazo de presentación das mesmas
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.