jueves, 2 de junio de 2022

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE DEREITOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS E SEGURIDADE DOS PRODUTOS

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO400E).

Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.