CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva 164 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.
Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 278.800 €.
Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.700 €.