ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Obxectivos.
Proporcionar a formación que establece o anexo IV-A) do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.
Destinatarios/as.
Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e da Administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que se encontren en servizo activo, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Desenvolvemento.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas.
Edicións: tres.
Datas: do 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021.
Proba final: o día 19 de novembro ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase ben de xeito telemático a través da aula virtual ou ben de forma presencial descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas. A elección dunha ou outra forma de realización das probas, dependerá da evolución da situación derivada da COVID-19 e será comunicada a través das canles de comunicación do curso coa debida antelación.
Prazas: 100 por edición.
Contido.
1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
4. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
5. Primeiros auxilios.
6. Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de agosto ao 1 de setembro de 2021.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 53, 981 54 63 35 e 981 54 62 57 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>