viernes, 6 de noviembre de 2020

PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).

Obxecto e réxime de concesión das axudas
Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, para a anualidade 2021, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 16.2 do Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta resolución:
a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Prazo de presentación de solicitudes
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 2 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS.