viernes, 16 de octubre de 2020

SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN AUDIOVISUAL GALEGO EN FESTIVAIS E MOSTRAS NACIONAIS E INTERNACIONAIS 2020

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción e difusión do audiovisual galego en festivais e mostras nacionais e internacionais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT404B).



Finalidade
A promoción e difusión do cinema a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cinema de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT404B).

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no ámbito audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables.
Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas físicas (autónomas) ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 96.1.1. Só se poderá presentar unha única solicitude por obra para cada un dos festivais de cinema que se describen na base seguinte.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes para os eventos xa celebrados serán dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Para os celebrados con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes contado desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra, e en calquera caso non poderá exceder o 15 de novembro de 2020.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.