RESUMO DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2020.
Período de Aplicación: 14 días naturais desde o 22 de outubro.
Normas de carácter Xeral
Agrupacións de persoas: calquera actividade de carácter familiar ou social na vía pública ou espazos de uso público estará limitada a 5 persoas.
Excepcións: actividades laboráis, empresariais, profesionais ou administrativas, centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais e deporte federado.
Persoas maiores de 75 anos: evitar a actividade diaria en horas de moita afluencia.
Peche total de festas, verbenas e outros eventos populares.
Normas por sectores de actividade.
Velorios e enterros: 25 persoas ao aire libre. 10 persoas en espazos pechados.
Enterramentos e cremacións: 25 persoas.
Lugares de culto: 50% do aforo.
Cerimonias nupciais: segundo as restriccións dos lugares de culto. Celebración: 100 persoas ao aire libre e 50 persoas en lugares pechados.
Comercio e servizos profesionais: 50% da súa capacidade.
Mercados ambulantes (Feiras): 50% dos postos habituais autorizados.
Academias, autoescolas, centros privados de ensino non regrado e formación xestionada ou financiada pola Xunta: 50% do máximo permitido.
Hostalería e Restauración: Prohibido o servizo na barra, aforo no interior do 50%, grupos de persoas en mesas máximo de 5 persoas. Hora de peche á 01:00 h.
Hoteis, aloxamentos turísticos e albergues: zonas común ao 50% do aforo. Actividades grupais máximo de 5 persoas incluído o monitor.
Cines, teatros, auditorios…: butacas preasignadas e 50% do aforo. Noutros recintos e locais destinados a espectáculos públicos os asistentes deberán permanecer sentados e cun 50% do aforo total cun límite máximo de 60 persoas en lugares pechados e de 150 ao aire libre.
Centros de lecer infantil: 50% do aforo.
Actividades e instalacións deportivas: a actividade non federada deberá de ser sen contacto físico e máximo de 5 persoas de forma simultánea sen contar o monitor.
Aforos en eventos deportivos: público sentado, 50% da capacidade da instalación cun límite de 60 persoas en lugares pechados e 150 ao aire libre.
Piscinas: 50% do aforo.
Actividades turísticas: grupos de 5 persoas. En centros de información e puntos de información ao 50% do aforo.
Tempo libre infantil e xuvenil: 50% do límite máximo permitido e grupos de 5 persoas incluídos os monitores.
Parques públicos e similares: aforo de 1 persoas por cada 4m2 e recomendación de peche entre as 00:00 e as 06: 00.
Congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias, eventos e actos similares: 50% da capacidade da instalación cun máximo de 60 persoas en recinto pechado e 150 ao aire libre.
RESUMO NORMAS DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 926/2020 DO 25 DE OUTUBRO.
Declaración do Estado de Alarma
Nas Comunidades Autónomas a autoridade competente delegada será o Presidente da Comunidade Autónoma.
As autoridades competentes delegadas quedan habilitadas para ditar as ordes e resolucións de: circulación de persoas en horario nocturno, circulación entre comunidades autónomas, limitación de persoas en espazos públicos e privados, lugares de culto, duración temporal das limitacións, flexibilización e suspensión das mesmas e prestacións persoais.
A declaración de Alarma afecta a todo o territorio do Estado é a súa duración será ata o 9 de novembro.
Liberdade de Circulación en horario nocturno (23:00 -06:00):
As autoridades competentes delegadas poderán determinar esta limitación desde as 22:00 horas e ata as 07:00 da mañá.
Excepcións:
o Adquisición de medicamentos e produtos sanitarios.
o Asistencia a centros sanitarios.
o Asistencia a centros veterinarios de urxencia.
o Cumprimentos de obrigas laboráis e empresariais.
o Retorno ao lugar de residencia despois da realización das actividades deste apartado.
o Asistencia a maiores e dependentes.
o Causas de forza maior.
o Calquera actividade de natureza semellante e acreditada.
o Repostaxes en gasolineiras para realizar as actividades previstas neste apartado.
Limitacións de entrada e saída entre comunidades autónomas:
Restrínxense as entradas e saídas de persoas de cada comunidade autónoma salvo polos seguintes motivos:
o Asistencia a centros sanitarios
o Cumprimento de obrigas laboráis, empresariais.
o Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos incluídas as escolas de educación infantil.
o Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
o Asistencia a maiores e dependentes.
o Desprazamentos a entidades financeiras, seguros e repostaxes en gasolineiras en territorios limítrofes.
o Actuacións requeridas ou urxentes ante órganos públicos, xudiciais ou notarías.
o Renovacións de permisos e documentación oficial.
o Realización de exames ou probas oficiais.
o Por causas de forza maior.
o Calquera actividade de natureza semellante e acreditada.
As autoridades delegadas competentes poderán limitar entradas e saídas en ámbitos xeográficos inferiores á comunidade autónoma.
Estas medidas non afectan ao réxime de fronteiras e para territorios con fronteiras con terceiros Estados, a autoridade competente delegada comunicará as medidas ao Goberno do Estado.
Limitacións de grupos de persoas en espazos públicos e privados.
Limitados a un máximo de 6 persoas, salvo as excepcións de instalacións e establecementos abertos ao público.
As reunión en lugares de tránsito público e manifestacións poderán limitarse ou prohibirse se non se garanten as normas de distanciamento persoal para prevención dos contaxios.
Exclúense as actividades laborais e institucionais.
Limitacións lugares de culto.
As que fixen as autoridades delegadas competentes.
Eficacia das limitacións.
Non será inferior a 7 días.
Flexibilización das medidas.
A autoridade competente delegada segundo a evolución dos indicadores sanitarios poderán modular, flexibilizar e suspender as medidas de limitacións de entrada e saída entre comunidades autónomas, limitacións de grupos de persoas en espazos públicos e privados e limitacións en lugares de culto no ámbito territorial que determine.