miércoles, 12 de marzo de 2014

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto e finalidade
1. Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria correspondente ao programa 2014 de bolsas de formación en arquivos de Galicia.
2. As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.
3. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
4. A formación comprenderá unha parte teórica impartida polo persoal técnico designado pola Secretaría Xeral de Cultura.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas bolsas os solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.
2. Ter acreditado dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.
3. Non ter gozado con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas de ningunha bolsa das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e descrición de arquivos galegos.
4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.
Prazo de solicitude: ata o 12 de abril de 2014.