miércoles, 4 de enero de 2012

PLAN RENOVE EQUIPOS DE ILUMINACIÓN INTERIOR

INEGA


Obxecto: 1. Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes, de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3) se a instalación está incluída no ámbito deste, reducindo o consumo de enerxía.
2. Seleccionar as entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
3. Convocar as devanditas axudas.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes, se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano.
Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
Cando o solicitante da axuda sexa unha empresa, esta non poderá ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, letras h) do Regulamento (CE) n.º 1998/2006, do 15 de decembro, relativo a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
 Vixencia do Plan.O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.