INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Obxecto:
1. Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas que se renoven, dos edificios existentes, de forma que cumpran, ao menos, coas exixencias mínimas que fixa a normativa vixente, e reduzan o seu consumo de enerxía.
2. Establecer a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
3. Convocar as devanditas axudas.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado, deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Non será subvencionable a actuación en edificios de natureza pública ou dos seus organismos ou sociedades dependentes se teñen unha facturación enerxética e de mantemento das instalacións consumidoras de enerxía superior a 200.000 euros/ano.
Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 y 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
Cando o solicitante da axuda sexa unha empresa, esta non poderá ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, alínea h), do Regulamento (CE) 1998/2006, do 15 de decembro, relativo a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado, ás axudas de minimis.
Prazo de solicitude:O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.