INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Subvencións a proxectos de enerxías renovables con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.
Subvencións a proxectos de enerxías renovables con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.
Obxecto: Poderán ter dereito a subvención todas aquelas actuacións que se axusten ás prescricións técnicas recollidas no anexo I, sempre que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de outubro de 2011 e o 15 de setembro de 2012, coa excepción da liña de axudas de gasificación/biogás, cuxos proxectos se deberán executar entre o 1 de outubro de 2011 e o 31 de decembro de 2013.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, en especial os indicados para cada liña de axuda no anexo I:
a) As persoas físicas maiores de idade ou emancipadas que teñan plena capacidade de obrar.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos.
c) As empresas que teñan contratada a xestión enerxética, total ou parcialmente, de inmobles e instalacións de titularidade pública ou privada, e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase en todo caso co visto e prace do titular do inmoble ou instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.
d) Os distintos tipos de administracións públicas.
e) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica. Nestes casos deberanse facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Fundacións, asociacións, comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen ánimo de lucro, tales como comunidades de propietarios, comunidades hereditarias ou, en xeral, entidades de base patrimonial que, aínda carecendo de personalidade xurídica, conten cunha administración común para levar a cabo a actuación para a que solicitan a subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xaneiro de 2012