viernes, 6 de octubre de 2023

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NOVA LEI 3/2023, DO 4 DE XULLO, REGULADORA DOS XOGOS EN GALICIA

 ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023 pola que se convoca unha xornada de presentación da nova Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia.

DOMINGOS E FESTIVOS EN QUE SE AUTORIZA A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DURANTE 2024

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 27 de setembro de 2023 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2024.

Artigo único
Os domingos e festivos en que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público durante o ano 2024 son:
7 de xaneiro
28 de marzo
30 de xuño
12 de outubro
1 de decembro
6 de decembro
8 de decembro
15 de decembro
22 de decembro
29 de decembro

SUBVENCIÓNS AO DESENVOLVEMENTO DE ÁREAS DE ESTACIONAMENTO SEGURAS E PROTEXIDAS PARA VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DE MERCADORIÁS EN GALICIA 2023-2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 2 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (código de procedemento IF313A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para as anualidades 2023 e 2024 (código de procedemento IF313A).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas xurídicas e as persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 4 de octubre de 2023

AMPLIACIÓN PRAZO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA DE AXUDA Á CONSTRUCIÓN DE VIVENDAS EN ALUGUEIRO SOCIAL EN EDIFICIOS ENERXETICAMENTE EFICIENTES

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes determinado na Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se regula a xestión en Galicia do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, para promotores públicos e privados, distintos deste instituto e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA MEDIDA 19.2 PARA AS ANUALIDADES 2023-24.

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).

NORMAS DOS SORTEOS E DA VENDA DE PERMISOS DE PESCA EN COUTOS PARA A TEMPADA 2024

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2024 (códigos de procedemento MT807B e MT807C).


martes, 3 de octubre de 2023

VISITA OFICINA MÓBIL ACELERA PEMES

 VISITA DA OFICINA MOBIL ACELERA PEMES O DIA 3 DE OUTUBRO AS 12.30 NA PRAZA DO CONCELLO DE AS NOGAIS