Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
miércoles, 10 de septiembre de 2025
PREMIOS FIN DE CARREIRA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO CURSO 2024/25
Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2024/25, nos centros dependentes da Xunta de Galicia, cunha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5000 sen arredondamento.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
martes, 9 de septiembre de 2025
BOLSAS GALICIA EUROPA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Obxecto
Estas bases regulan as condicións polas que se rexerá a concesión de bolsas de formación, para persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas dependencias da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, bolsas Galicia Europa (código de procedemento PR770N).
Condicións xerais da bolsa
1. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
2. O obxectivo das bolsas é permitirlles ás persoas beneficiarias familiarizarse cos asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega e, en última instancia, facilitar o seu acceso ao mercado laboral.
3. A concesión e gozo da bolsa non suporá vinculación laboral ou funcionarial entre a persoa bolseira e a Fundación Galicia Europa.
A estas bolsas non lles será aplicable o Estatuto do persoal investigador en formación.
4. As bolsas serán indivisibles e incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remunerada. A persoa adxudicataria no momento de aceptación da bolsa non poderá ser perceptora de salarios ou doutros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. A bolsa é incompatible coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.
Requisitos das persoas beneficiarias para obter a bolsa
Poderán optar á obtención das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia, polo menos, desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
3. Posuír o título académico necesario para a modalidade a que se presenta a persoa beneficiaria ou xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
a) Para as bolsas do artigo 3.2.a) de formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega, é necesario posuír un título universitario de grao, licenciado/a, enxeñeiro/a ou equivalente.
b) Para as bolsas do artigo 3.2.b) de formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos, é necesario posuír un grao ou licenciatura en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
c) Para as bolsas do artigo 3.2.c) para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo é necesario posuír un título de técnico superior de formación profesional na familia profesional de Administración e Xestión, Markéting e Publicidade, Comercio Internacional ou Informática e Comunicacións.
4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.
5. As persoas solicitantes non poden estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
6. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
Presentación de solicitudes, prazo e declaracións responsables
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que se incluirá como anexo na correspondente resolución de convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Debido á formación académica exixida ás persoas beneficiarias desta bolsa, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente dos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente neste procedemento, de acordo co establecido no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
2. O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, de acordo cos anexos que acompañarán a correspondente resolución de convocatoria, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nas bases reguladoras e na resolución de convocatoria, o órgano competente requirirá persoa interesada para que a emende no prazo máximo improrrogable de dez (10) días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistida da súa solicitude, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4. Na solicitude, que figurará nun anexo da correspondente resolución de convocatoria, inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.
b) Declaración responsable de non estar a persoa incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Declaración de non atoparse a persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Declaración responsable de non percibir ningunha compensación económica doutras entidades polos conceptos acreditados ante a FGE.
lunes, 8 de septiembre de 2025
BOLSAS SANTADER PREMIOS Á EXCELENCIA ACADÉMICA PARA O ESTUDANTADO QUE INICIA ESTUDOS DE GRAO E MASTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DE VIGO CURSO 2025-2026
Universidade de Vigo
Obxecto
O obxecto desta convocatoria é incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na titulación.
Categoría A: convócanse 105 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de grao.
Categoría B: convócanse 35 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de máster universitario.
Persoas beneficiarias
Estudantado que inicia estudos de grado e máster na Universidade de Vigo no curso 2025/26.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 29 de agosto ata o 15 de outubro de 2025.
BOLSAS SANTANDER 2025 PARA ESTUDANTADO QUE INICIOU ESTUDOS DE DOUTORAMENTO NA UNIVERSIDADE DE VIGO NO CURSO 2024-2025
Universidade de Vigo
Obxecto
O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar desde o curso académico 2024/25 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.
Persoas beneficiarias
Alumando matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento da Universidade de Vigo no curso académico 2024/25.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 29 de agosto ata o 15 de outubro de 2025.
AXUDAS AO FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS EN COMÚN EN RÉXIME ASOCIATIVO 2025
Consellería do Medio Rural
ObxectoEsta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias formadas por persoas titulares de explotacións agrarias.
Investimentos elixibles
Serán elixibles os investimentos produtivos que teñan como obxectivo contribuír a:
a) Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático.
b) Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire.
c) Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes.
d) Investimentos para a mellora do benestar animal.
e) Investimentos en medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.
Porcentaxe e contía máxima da axuda
1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % no caso de proxectos estratéxicos de interese xeral para a comunidade autónoma.
b) 10 % no caso de entidades con máis do 30 % de titulares de explotacións agrarias de produción ecolóxica.
c) 5 % cando máis do 50 % das persoas socias titulares de explotacións agrarias sexan mulleres ou acrediten máis do 50 % do capital social.
2. No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.
3. A contía máxima da axuda establécese en 3.000.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.