Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
lunes, 7 de abril de 2025
PREMIOS DE GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2025
SUBVENCIÓNS A INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO 2025
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
jueves, 3 de abril de 2025
XORNADA SOBRE OPORTUNIDADE DE NEGOCIO DE PRODUCIÓN DE AGUACATE
A busca de alternativas produtivas
agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización é unha
inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA
desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias.
É necesario
facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de
abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou
gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas
socias das cooperativas.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con
cooperativas, convocamos a Xornada
sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE AGUACATE, que se desenvolverá o
día 10 de abril de 2025 en modo ONLINE. Esta Xornada é para tratar de
informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas con producións
de AGUACATE e/ou inquedanzas neste cultivo e obter ingresos económicos do agro,
buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para
complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no mesmo
ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada interveñen
persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e cooperativas que nos contarán
a súa experiencia na produción de Aguacate de Calidade. Achegamos programa
previsto.
Para
poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE AGUACATE é preciso
inscribirse previamente no enlace seguinte: https://agaca.coop/gl/aguacate-2025/
Procedan a inscribirse para recibir o enlace á
videoconferencia e poder participar. Pregamos non se esquezan de inscribirse.
miércoles, 26 de marzo de 2025
XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DAS FABAS DE CALIDADE
A busca de alternativas produtivas
agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización é unha
inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA
desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias.
É necesario
facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de
abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou
gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas
socias das cooperativas.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con
cooperativas, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE FABAS, que se
desenvolverá o día 4 de abril de 2025 en modo ONLINE ou presencial no C.F.E.A.
PEDRO MURIAS, sito en Lugar A Granxa, 1; Vilaframil (Ribadeo - Lugo). Esta Xornada é
para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas
con producións de FABA e/ou inquedanzas neste cultivo e obter ingresos
económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural,
ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no
mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada
interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e cooperativas que
nos contarán a súa experiencia na produción de Fabas de Calidade. Achegamos
programa previsto.
Para
poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE FABA DE CALIDADE é preciso
inscribirse previamente nun dos dous enlaces seguintes:
- Para os que asisten ONLINE, para aceder á
conexión deben inscribirse aquí: https://agaca.coop/gl/faba/ Procedan a inscribirse para
recibir o enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se
esquezan de inscribirse.
- Para os
que asisten presencialmente á Xornada no C.F.E.A. PEDRO MURIAS, sito en
Lugar A Granxa, 1; Vilaframil (Ribadeo - Lugo), deben avisar antes do 2 de
abril ao correo agaca@agaca.coop Pregamos non se
esquezan de avisar ao correo indicado.
XORNADA MEDIOAMBIENTE E COOPERATIVAS
A Unión de Cooperativas AGACA convoca a XORNADA MEDIO AMBIENTE E COOPERATIVAS a celebrar ONLINE o día 2 de abril (mércores). As cooperativas non podemos estar alleas a un evento como é o cambio climático. Por iso, o Consello Reitor de AGACA impulsa esta Xornada coa finalidade de abordar aspectos claves para a estratexia competitiva da produción agrícola e gandeira e os efectos na transformación agroindustrial. Con esta XORNADA pretendemos dar resposta a algunhas cuestións como:
•
Coñecer e aclarar as dúbidas relacionadas coa
aplicación do RD 1055/22 de envases e residuos de envases en vigor, da man
dunha persoa que coñece a norma en profundidade e mantén contactos diarios cos
funcionarios que a puxeron en marcha, e que tamén coñece a tendencia da
normativa da UE nesta materia.
•
Como podemos acceder ao
financiamento para abordar os investimentos da cooperativa para cumprir coa
normativa.
•
Coñecer os obxectivos,
organización, recursos, e apoios que as cooperativas e empresas poden recibir
da Alianza Galega polo Clima, e que afectan ao sector primario e
agroindustrial.
•
Coñecer as últimas
investigacións relacionadas cos efectos do cambio climático na gandería e na
agricultura galega, polo que recibiremos consellos para adaptarnos aos cambios.
•
Coñecer de primeira man
as orientacións e posibles colaboracións que dende SIGFITO poden ofrecer aos
agricultores, gandeiros e ás cooperativas agroalimentarias de Galicia, en base
á nova normativa de envases e resíduos de envases.
•
Coñecer os apoios
públicos e as iniciativas empresariais públicas de economía circular e de
sostibilidade de interese do sector primario e agroalimentario.
•
Coñecer o proxecto de
Centro de Agrocompostaxe da comarca do Salnés, unha acción ambiental impulsada
pola cooperativa Martín Codax.
A mellora da
competitividade da cadea de valor do sector agroalimentario pasa por ter unha
visión global do cambio climático e as estratexias que se deseñan para abordalo
con éxito. Para desenvolver esta Xornada, AGACA conta co apoio da Rede Eusumo.
Dende AGACA promovemos accións de asesoramento de tipo estratéxico que pretende
impulsar e consolidar ás cooperativas socias. Achegamos o programa previsto.
Todas as persoas que desexan assistir, pregamos inscríbanse no
seguinte enlace antes do 1 de abril: https://us06web.zoom.us/meeting/register/uotoEC8kR32Sj2_b8AVagQ#/registration
É imprescindible inscribirse para recibir posteriormente o enlace á
XORNADA, xa que se trata dunha
XORNADA ONLINE.
Agardamos que sexa do
seu interese informarse e orientarse nestas áreas de cambio climático e
cooperativas.
jueves, 20 de marzo de 2025
II EDICIÓN IMPULSA TU FUTURO
Este evento es una oportunidad única para personas en búsqueda de empleo, prácticas o becas, así como para quienes desean emprender. Nuestro objetivo es impulsar el ODS 8, fomentando el empleo digno y el crecimiento económico en nuestro entorno.
• Fecha: 27 de marzo
• Lugar: Centro UNED A Coruña
A lo largo de la mañana, los/las asistentes podrán participar en diferentes actividades, presenciales, online y en diferido:
• Stands informativos en el hall del centro
• Jornadas “Impulsa tu futuro”
• Actividades y dinámicas a lo largo de toda la mañana: Talleres LEGO, Explora Europa, El talento nos une, Match de oportunidades, etc..
Todas las personas interesadas/os, pueden acceder a la información completa del evento y cursar sus inscripciones a través del siguiente enlace: Enlace al evento
jueves, 6 de marzo de 2025
XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO: PRODUCIÓN DE CASTAÑA
A busca de alternativas produtivas
agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización é unha
inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA
desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias.
É necesario
facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de
abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou
gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas
socias das cooperativas.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con
cooperativas, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE CASTAÑA, que se
desenvolverá o día 25 de marzo de 2025 en modo ON LINE. Esta Xornada é para tratar
de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas con
producións de castaña e/ou inquedanzas neste cultivo e obter ingresos
económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural,
ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no
mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada
interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e cooperativas que
nos contarán a súa experiencia na produción de Castaña. Achegamos programa
previsto.
Para
poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE CASTAÑA é preciso
inscribirse previamente no seguinte enlace https://agaca.coop/abre-la-inscripcion-a-la-jornada-sobre-produccion-de-castana-del-25-de-marzo/
Procedan a inscribirse para recibir
o enlace á videoconferencia e poder participar.







