miércoles, 26 de marzo de 2025

XORNADA MEDIOAMBIENTE E COOPERATIVAS


A Unión de Cooperativas AGACA convoca a XORNADA MEDIO AMBIENTE E COOPERATIVAS a celebrar ONLINE o día 2 de abril (mércores). As cooperativas non podemos estar alleas a un evento como é o cambio climático. Por iso, o Consello Reitor de AGACA impulsa esta Xornada coa finalidade de abordar aspectos claves para a estratexia competitiva da produción agrícola e gandeira e os efectos na transformación agroindustrial. Con esta XORNADA pretendemos dar resposta a algunhas cuestións como:

                    Coñecer e aclarar as dúbidas relacionadas coa aplicación do RD 1055/22 de envases e residuos de envases en vigor, da man dunha persoa que coñece a norma en profundidade e mantén contactos diarios cos funcionarios que a puxeron en marcha, e que tamén coñece a tendencia da normativa da UE nesta materia.

                    Como podemos acceder ao financiamento para abordar os investimentos da cooperativa para cumprir coa normativa.

                    Coñecer os obxectivos, organización, recursos, e apoios que as cooperativas e empresas poden recibir da Alianza Galega polo Clima, e que afectan ao sector primario e agroindustrial.

                    Coñecer as últimas investigacións relacionadas cos efectos do cambio climático na gandería e na agricultura galega, polo que recibiremos consellos para adaptarnos aos cambios.

                    Coñecer de primeira man as orientacións e posibles colaboracións que dende SIGFITO poden ofrecer aos agricultores, gandeiros e ás cooperativas agroalimentarias de Galicia, en base á nova normativa de envases e resíduos de envases.

                    Coñecer os apoios públicos e as iniciativas empresariais públicas de economía circular e de sostibilidade de interese do sector primario e agroalimentario.

                    Coñecer o proxecto de Centro de Agrocompostaxe da comarca do Salnés, unha acción ambiental impulsada pola cooperativa Martín Codax.

 

A mellora da competitividade da cadea de valor do sector agroalimentario pasa por ter unha visión global do cambio climático e as estratexias que se deseñan para abordalo con éxito. Para desenvolver esta Xornada, AGACA conta co apoio da Rede Eusumo. Dende AGACA promovemos accións de asesoramento de tipo estratéxico que pretende impulsar e consolidar ás cooperativas socias. Achegamos o programa previsto.

 

Todas as persoas que desexan assistir, pregamos inscríbanse no seguinte enlace antes do 1 de abril: https://us06web.zoom.us/meeting/register/uotoEC8kR32Sj2_b8AVagQ#/registration

 

É imprescindible inscribirse para recibir posteriormente o enlace á XORNADA, xa que se trata dunha XORNADA ONLINE.

 

Agardamos que sexa do seu interese informarse e orientarse nestas áreas de cambio climático e cooperativas.