A busca de alternativas produtivas
agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización é unha
inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA
desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias.
É necesario
facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de
abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou
gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas
socias das cooperativas.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con
cooperativas, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de PRODUCIÓN DE FABAS, que se
desenvolverá o día 4 de abril de 2025 en modo ONLINE ou presencial no C.F.E.A.
PEDRO MURIAS, sito en Lugar A Granxa, 1; Vilaframil (Ribadeo - Lugo). Esta Xornada é
para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas
con producións de FABA e/ou inquedanzas neste cultivo e obter ingresos
económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural,
ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no
mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada
interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e cooperativas que
nos contarán a súa experiencia na produción de Fabas de Calidade. Achegamos
programa previsto.
Para
poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE FABA DE CALIDADE é preciso
inscribirse previamente nun dos dous enlaces seguintes:
- Para os que asisten ONLINE, para aceder á
conexión deben inscribirse aquí: https://agaca.coop/gl/faba/ Procedan a inscribirse para
recibir o enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se
esquezan de inscribirse.
- Para os
que asisten presencialmente á Xornada no C.F.E.A. PEDRO MURIAS, sito en
Lugar A Granxa, 1; Vilaframil (Ribadeo - Lugo), deben avisar antes do 2 de
abril ao correo agaca@agaca.coop Pregamos non se
esquezan de avisar ao correo indicado.