jueves, 19 de noviembre de 2026

CONVOCATORIA 2027 PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan, para o ano 2027, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento administrativo IF312A e IF312B).

Convocatoria.
Convócanse, para o ano 2027, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (procedementos IF312A e IF312B).

Calendario.
No ano 2027, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para realizar o correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre as seguintes datas:
– Primeiro período: entre o 22 de febreiro e o 31 de marzo de 2027, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e o 20 de xaneiro de 2027.
– Segundo período: entre o 24 de maio e o 30 de xuño de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 21 de xaneiro e o 15 de abril de 2027.
–Terceiro período: entre o 30 de agosto e o 24 de setembro de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de abril e o 29 de xuño de 2027.
– Cuarto período: entre o 8 de novembro e o 17 de decembro de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 30 de xuño e o 1 de outubro de 2027.
As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para acceder ás probas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas. As persoas aspirantes que estean interesadas en presentarse a ambas as modalidades deberán presentar unha solicitude por cada modalidade e aboar as taxas correspondentes, de acordo co establecido no punto 10 da presente resolución.