miércoles, 9 de abril de 2025

BOLSA DE PRÁCTICAS NO PROGRAMA CAMPUS RURAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución reitoral do 2 de abril de 2025 pola que se convocan bolsas de prácticas no programa Campus rural, dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2024/25.

Obxecto
O obxectivo que se persegue é que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo nel, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Persoas beneficiarias
Estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario na Universidade de Vigo no curso 2024/25.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 3 ao 24 de abril de 2025.