viernes, 24 de octubre de 2025

XORNADA: PEGADA DE CARBONO E COOPERATIVAS






 

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROCEDEMENTO PARA RECOÑECER O DEREITO A PRÉSTAMOS DE FINANCIAMENTO DE INBESTIMENTOS DE CAPITAL CIRCULARNTE CON BONIFICACIÓN DE XUROS

 Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A).

DATAS DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 2, 3 E 4

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025:

– Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

• 16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).

– En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8).

As probas comezarán ás 9.00 horas, de xeito que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade. Así mesmo, na web publicarase, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e mais a aula que se lles asigne.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta se realizará o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral da Lingua, unha vez que remate a proba escrita.

lunes, 20 de octubre de 2025

AMPLIACIÓN ORZMENTARIA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA 2025

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 16 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR351A).

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE SUVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B E C PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS, PARA OS ANOS 2025 E 2026.

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026 (código de procedemento TR301K).

viernes, 17 de octubre de 2025

MODIFICACIÓN DE DETERMINADOS PRAZOS DAS AXUDAS Á VALORIZACIÓN, SEGUNDA TRANSFORMACIÓN E ECOINNOVACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS E A DIXITALIZACIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE E SAÚDE NO CONTORNO LABORAL DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA

 Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025 pola que se modifican determinados prazos incluídos na Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde no contorno laboral da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

EMERXENCIA CINEXÉTICA TEMPORAL POLOS DANOS OCASIONADOS POLO XABARIL NA CORMARCA DE ANCARES

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas dos Ancares, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, A Mariña Oriental, Sarria, Terra Chá e Terra de Lemos.

Primeiro. Declarar a emerxencia cinexética temporal na comarcas sinaladas no anexo I desta resolución nas cales se inclúen os tecores e zonas libres indicados no anexo II, debido ás circunstancias especiais derivadas dos danos á agricultura, ao perigo de accidentes de tráfico e previsibles riscos ambientais ocasionados polo xabaril, coa finalidade de axilizar a aplicación de medidas conducentes ao control das poboacións desta especie, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.

Segundo. A vixencia desta declaración de emerxencia cinexética temporal estenderase desde a entrada en vigor desta resolución ata o 22.2.2026, abranguendo o período hábil de caza establecido para o xabaril no artigo 16.2 da Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Terceiro. Durante a vixencia da declaración de emerxencia cinexética temporal, nas comarcas incluídas no anexo I poderanse adoptar as medidas que se relacionan a continuación para o control da poboación de xabaril, permitíndose abater ou capturar sen límite de exemplares xabarís de ambos os sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas en todas as súas idades. Nestas zonas permitirase, así mesmo, abater crías e femias seguidas de crías, logo de autorización especial da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

a) En terreos cinexéticos:

As modalidades de caza permitidas para esta especie poderán practicarse durante todos os días da semana, salvo o especificado a continuación para as zonas libres de caza, con comunicación previa ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, atendendo aos seguintes condicionantes:

• Nos terreos en réxime cinexético especial: as cazarías correspondentes a xornadas que non estean aprobadas no correspondente plan anual de aproveitamento da tempada 2025-2026 deberán ser comunicadas previamente ao correspondente departamento territorial competente en materia de caza (procedemento MT720C).

• Nas zonas libres de caza as cazarías estarán suxeitas a autorización: deberán solicitarse ao correspondente departamento territorial competente en materia de caza cunha antelación mínima de dez días naturais (procedementos MT720K e MT720L). No período que abrangue ata o 5 de xaneiro de 2026, poderanse autorizar cazarías de xabaril os luns, martes, mércores e venres, sempre que non sexan festivos. Desde o 7 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2026, ambos incluídos, poderanse autorizar cazarías os luns, martes, mércores e venres, sempre que non sexan festivos.

Na modalidade de agarda ou espera, poderán agruparse nunha soa comunicación varias xornadas e deberá indicarse expresamente por motivos de seguridade a localización aproximada, mediante coordenadas UTM, dos diversos postos fixos que poidan ocuparse.

Así mesmo, en terreos de réxime cinexético especial poderanse autorizar os propietarios dos terreos afectados a realizar, persoalmente ou mediante terceiros, agardas ou esperas, con autorización do titular do aproveitamento cinexético. Neste caso as persoas cazadoras deberán portar durante a acción de caza unha autorización por parte do titular cinexético, que será nominativa, persoal e intransferible para cada xornada, e deberán cumprir, así mesmo e en todo caso, cos requisitos exixidos no artigo 58 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Co fin de aumentar a eficacia e optimizar o aproveitamento cinexético nesta modalidade, facilitar a identificación dos exemplares e garantir a seguridade das persoas, poderase utilizar con carácter excepcional:
– Un visor con convertedor ou amplificador electrónico de luz durante a práctica da modalidade da agarda ou espera nocturna e fontes luminosas para a iluminación dos albos.

– Dispositivos electrónicos, tales como detectores ou controladores de hora de paso ou presenza, para a posterior realización de esperas nocturnas do xabaril.

– Nos cultivos con destino á colleita en que se teñan iniciado os danos, poderase dispor de cebadeiros de gran ou froitos co obxecto de asegurar a eficacia no momento concreto dos controis.

Nestes terreos permitirase, así mesmo, a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, e é necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Na solicitude deberá indicarse expresamente a súa localización mediante a achega dun plano a escala suficiente, e os datos do persoal responsable da súa execución (nome, apelidos e DNI).

b) En terreos non cinexéticos:

Nos terreos non cinexéticos para o emprego de modalidades e procedementos de captura será necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Permitirase a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Cando a aplicación de capturadeiros non reporte os resultados desexados, poderá permitirse a práctica da modalidade de agarda ou espera diúrna e nocturna, logo de solicitude da persoa interesada, en que se indicará a localización aproximada dos postos fixos, mediante coordenadas UTM, por motivos de seguridade, adoptando as medidas ou precaucións necesarias para garantir a seguridade das persoas. Será preceptiva neste caso a acreditación da existencia dos danos mediante informe do Departamento Territorial.

Nesta clase de terreos, as medidas ou medios de captura permitidos deberán solicitarse ao Departamento Territorial, con polo menos 15 días de antelación á data de realización. O prazo para resolver e notificar será dun mes, e o silencio administrativo é desestimatorio.

Cuarto. Os exemplares capturados como consecuencia da aplicación das medidas adoptadas na área de emerxencia cinexética temporal deben identificarse mediante precintos e comunicarse debidamente ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no prazo de 15 días naturais, segundo o seguinte procedemento:

a) En terreos de réxime cinexético especial: a comunicación das capturas realizadas en xornadas non planificadas no plan anual de aproveitamento aprobado para a tempada 2025-2026 realizarase utilizando o procedemento MT720P procedemento xenérico de caza, mentres que os resultados das cazarías planificadas no plan anual de aproveitamento se comunicarán utilizando o procedemento MT720D.

b) En terreos de réxime cinexético común e terreos non cinexéticos: a comunicación das capturas poderá realizarse utilizando o procedemento MT720P procedemento xenérico de caza, ou ben, no caso de tratarse dun suxeito non obrigado a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, poderá presentar os resultados en papel no rexistro do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Quinto. Na Reserva Nacional de Caza dos Ancares aplicarase o seu réxime especial de funcionamento.

Sexto. Esta resolución permanecerá vixente ata a finalización do período hábil de caza do xabaril para a tempada 2025-2026. Con todo, poderá quedar suspendida no seu conxunto ou en parte do ámbito de aplicación incluído no punto primeiro, logo de resolución, no momento en que se constate que desapareceron as causas que motivaron a súa declaración.

Séptimo. Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 16 de octubre de 2025

CONVOCATORIA DA PROBA EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA 4 (CELGA 4) NO ANO 2025

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025 (código de procedemento PL500G).

Obxecto.
Convocar a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025, con código de procedemento administrativo PL500G.

Persoas destinatarias e número de prazas.
2.1. Esta convocatoria diríxese ás persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
2.2. O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de cen (100).

Data de realización da proba.
A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal). En todo caso, non coincidirá coas datas das probas Celga presenciais convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro).

Presentación de solicitudes e prazo.
4.1. As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán cubrir o formulario de solicitude segundo o modelo que se publica como anexo I (PL500G).
4.2. A capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña obxecto desta convocatoria xustifican a obrigatoriedade da presentación electrónica das solicitudes, que se realizará a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4.3. Ademais da presentación desta solicitude a través da sede electrónica, as persoas que desexen participar nesta convocatoria tamén deberán presentar unha solicitude de inscrición na proba a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal). Para acceder á dita plataforma, identificaranse co nome da persoa usuaria e o contrasinal; a continuación, seleccionarán a proba e matricularanse nela. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela. O nome e os apelidos facilitados na plataforma deben coincidir cos do documento que acredita a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte).
4.4. Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispor dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con:
• Conexión á internet (de banda larga).
• Navegador web debidamente actualizado (recoméndase ter instalada a última versión de Chrome).
• Cámara web debidamente configurada no ordenador, á cal accederá o sistema durante o tempo que dure a proba en liña para controlar e verificar que a persoa realiza o exame de xeito autónomo e sen axudas externas.
• Micrófono debidamente configurado no ordenador para permitir a gravación de voz en formato electrónico (MP3 ou equivalente).
• Altofalantes debidamente configurados no ordenador para permitir escoitar son.
• Acceso á conta de correo electrónico especificada no formulario da solicitude.
– Un teléfono móbil, que complementará o ordenador durante a proba, o que permitirá que o sistema controle o posto en que a persoa realiza o exame en liña desde un segundo punto de vista diferente ao obtido pola propia cámara web do ordenador, con:
• Conexión á internet (de banda larga).
• Aplicación de cámara para vincular un código QR no momento de iniciarse a proba.
• Habilitación de permisos para acceder á cámara e ao micrófono.
4.5. O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS PARA COMPENSAR AS PERDAS POR CANCELACIÓNS DE RESERVAS NOS ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURÍSTICO DE GALICIA AFECTADOS POLOS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O VERÁN DE 2025

 Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas a compensar as perdas por cancelacións de reservas nos establecementos de aloxamento turístico da Comunidade Autónoma de Galicia afectados polos incendios forestais durante o verán de 2025, e se efectúa a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TU100C).

Obxecto e réxime
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto reparar os prexuízos causados polas cancelacións de reservas en aloxamentos turísticos derivadas dos incendios forestais que se produciron en Galicia durante o verán de 2025 e que, como consecuencia das ditas cancelacións, os aloxamentos turísticos teñan sufrido unha perda de facturación.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).
3. Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Considerarase data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo e conste nel a solicitude, correctamente cuberta, e toda a documentación exixida nesta resolución. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria. Nese caso, e sempre antes da data máxima sinalada neste punto, poderán seguirse rexistrando solicitudes en lista de reserva provisional, as cales serán atendidas por rigorosa orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou revogacións das solicitudes de axuda previas.
4. Estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o importe total dos gastos, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base no artigo 50 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Os aloxamentos turísticos teñen que estar situados nun dos concellos afectados pola activación do Peifoga en situación 2, de acordo cos datos facilitados pola Axencia Galega de Emerxencias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. O dito prazo comezará a contarse ás 8.00 horas do noveno día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, este día será hábil.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Só poderá presentarse unha única solicitude por establecemento. No caso de que un mesmo titular teña varios establecementos inscritos no REAT terá que presentar unha solicitude por cada establecemento.

Prazo de xustificación da subvención
A entrega da documentación xustificativa terá de prazo ata o 22 de decembro de 2025.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA E DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DO PROGRAMA APROL-ECONOMÍA SOCIAL 2025

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 7 de outubro de 2025 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria e do prazo de xustificación para a concesión das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

martes, 14 de octubre de 2025

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA EN GALICIA PARA 2025

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria da modalidade A da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA NO SECTOR RESIDENCIAL EN ÁMBITOS NON URBANOS E SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS

 Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O).

Obxecto e normativa de aplicación

1. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións (comunidades de veciños...) e tamén as entidades patrimoniais tipificadas no artigo 5 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto de sociedades con fins de aforro enerxético e fomento do uso da enerxía solar fotovoltaica.

2. Estas subvencións destinadas a proxectos de enerxía fotovoltaica en ámbitos non urbanos convócanse en réxime de concorrencia competitiva.

3. As solicitudes presentaranse a través das entidades colaboradoras.

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía e Industria para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (código de procedemento IN609A).

4. Estas axudas para as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles cando teñan actividade económica estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L, do 15 de decembro), a axuda total de minimis concedida a unha empresa determinada non pode ser superior a 300.000 € durante o período dos tres anos previos.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Forma e prazo de presentación das solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 7 de novembro de 2025 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 31 de outubro de 2025 ás 9.00 horas (Inicio do período subvencionable) e rematará o 1 de decembro de 2025 ás 23.59 horas. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS OU UNIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE GALICIA, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 9 de outubro de 2025 pola que se modifica o artigo 16 da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro).

lunes, 13 de octubre de 2025

AMPLIACIÓN ORZMENTARIA DAS AXUDAS PARA A ADECUACIÓN E A REPARACIÓN DAS VIVENDAS, PROGRAMA FOGAR VIVO

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas para a adecuación e a reparación das vivendas da Resolución do 3 de xullo de 2025, pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código de procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual.

PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX-INTERMEDIO)

 Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel intermedio.

Datas e realización das probas
1. As probas desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de 2025.
2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

Solicitudes de participación e prazo de inscrición
1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. Os datos persoais cos que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.
4. O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
5. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou horario.
6. Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de persoas excluídas.

Itinerario formativo
1. Para a preparación das probas de certificación de nivel intermedio ponse ao dispor das persoas interesadas un material de apoio conformado polos seguintes temas.
Temas
• Consulta e xestión da información dixital
• Comunicación e colaboración
• Creación de contidos dixitais
• Benestar dixital: seguridade e privacidade
• Contorna dixital e resolución de problemas
2. O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
3. O acceso voluntario aos contidos non é un requisito para matricularse nas probas de certificación nin outorga dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada nesta convocatoria.

Calendario das probas
As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario.
Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.
As localizacións físicas de cada aula pódense consultar na web:
https://cemit.xunta.gal/centros
• Novembro: días 26, 27 e 28.
• Decembro: días 3, 4 e 5.

viernes, 10 de octubre de 2025

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE E SE CONVOCAN PARA O ANO 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 3 de outubro de 2025 pola que se modifica a Orde do 26 de novembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809D).

Artigo único
Modifícase o punto 2 do artigo 21 da Orde do 26 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2025, que queda redactado nos seguintes termos:
«O prazo máximo para presentar a xustificación dos gastos rematará o día 4 de novembro de 2025. Porén, poderase conceder, por petición xustificada da persoa física ou xurídica interesada realizada antes da finalización do prazo establecido e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros, unha ampliación do prazo de xustificación das axudas que non excederá a metade do prazo inicialmente previsto».

Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 9 de octubre de 2025

AXUDAS AOS SERVIZOS DE COMEDOR ESCOLAR XESTIONADOS POLAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DOS CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2024/25

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 1 outubro de 2025 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED601A).

Obxecto
Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.
As axudas económicas irán destinadas a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar.

Entidades beneficiarias
Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG e será dun mes. A sede electrónica para a presentación de solicitudes permanecerá aberta desde as 8.00 horas do inicio do prazo ata as 20.00 horas do último día en que remata o prazo.

martes, 7 de octubre de 2025

PROCEDEMENTO PARA RECOÑECER O DEREITO A PRÉSTAMOS DE FINANCIAMENTO DE INVESTIMENTOS E CAPITAL CIRCULANTE CON BONIFICACIÓN DE XUROS GARANTIDOS

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 25 de setembro de 2025 pola que se regula o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR350A), para as seguintes intervencións:
a. Intervención 68411 Axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal. Subintervención 68411_05 operacións IF.
b. Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Subintervención 68412_04 Operacións IF.
2. O procedemento de recoñecemento ao dereito a préstamos garantidos tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 79.3 do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos nº 1305/2013 e nº 1307/2013.

Requisitos para todas as persoas destinatarias finais
1. As persoas que desexen acceder ao instrumento financeiro deberán cumprir os seguintes requisitos:
a. Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de ser unha persoa agricultora moza ou nova, que estará exenta de cumprir esta condición.
b. Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c. Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d. Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e. Dispor dunha contabilidade específica Feader.
f. Non ter recoñecido o dereito a un préstamo garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 para a mesma intervención e finalidade.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de solicitude para todos os préstamos garantidos estará aberto permanentemente ata que se esgote o orzamento operativo incluído na Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria, pola que se publica o convenio coa Xunta de Galicia e a Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria, S.M.E., polo que se establece o acordo de financiamento do Instrumento financeiro de xestión centralizada de garantía de carteira Feader 2023-2027.

lunes, 6 de octubre de 2025

REDISTRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DO PROGRAMA MOVES III_2025

 Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III_2025) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

MODIFICACIÓN.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR, PARA OS ANOS 2025 E 2026 E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA.

 Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 26 de setembro de 2025 pola que se modifica a Orde do 6 de xuño de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

Artigo único. Modificación da Orde do 6 de xuño de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

O artigo 20 da Orde do 6 de xuño de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A) queda redactado como segue:

«Artigo 20. Xustificación da subvención

1. Para xustificar os gastos de investimento que comprendan as actuacións realizadas presentarase con data límite do 15 de decembro de 2025, xunto coa solicitude de pagamento (anexo V) unha memoria económica que recolla a seguinte documentación:

a) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos realizados, con indicación da persoa acredora e do documento, importe, data de emisión e data de pagamento. No caso de que existan desviacións respecto ao orzamento achegado, a persoa beneficiaria promotora da casa do maior indicará e xustificará as desviacións producidas.

b) Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente do total dos gastos de investimento realizados xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento. De acordo co artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique este mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria. As facturas dos gastos de investimento presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos formais:

1º) A copia de cada factura deberá ter unha explicación detallada do gasto en relación coa acción subvencionada, así como o prezo unitario.

2º) Conterán os datos identificativos de quen a expide (nome, apelidos, denominación ou razón social, NIF e enderezo) así como do/da destinatario/a, que deberá ser a persoa beneficiaria promotora da casa do maior.

3º) Incluirán o IVE correspondente ou o imposto equivalente. Cando a cota se repercuta dentro do prezo, deberá indicarse IVE incluído, así como o lugar e a data.

4º) Xuntarase o comprobante bancario do seu pagamento.

Se a transferencia engloba varias facturas, presentarase a relación destas. Non se admitirán xustificantes de aboamento en metálico. Os pagamentos mediante transferencia bancaria, salvo que sexan telemáticos, deberán vir conformados ou verificados pola entidade bancaria. Para o caso de pagamentos realizados mediante tarxeta de crédito ou débito, esta deberá estar asociada á conta da persoa beneficiaria.

Para os efectos desta orde, os gastos de investimento teñen que corresponder a gastos derivados da realización do proxecto subvencionable, adecuados aos obxectivos da medida a que pertence a actuación, ser verificable documentalmente a súa realización e ser realizados e efectivamente pagados dentro do período establecido no artigo 5.4.

c) Se é o caso, unha relación detallada doutras subvencións que financiasen a mesma actividade con indicación do importe e a procedencia.

d) Se é o caso, copia dos orzamentos recollidos no artigo 5.7.

2. A xustificación da axuda concedida no ano 2025 para o funcionamento do proxecto a través da prima de desenvolvemento presentarase con data límite do 5 de xaneiro de 2026 e, en ano 2026 abranguerá ata o 30 de novembro de 2026 e presentarase con data límite do 7 de decembro de 2026.

Con cada solicitude de pagamento (anexo V) as persoas beneficiarias promotoras da casa do maior deberán presentar os rexistros mensuais de asistencia asinados pola/s persoa/s responsable/s do desenvolvemento da casa do maior e polas persoas usuarias ou, de ser o caso, titores ou representantes legais dos maiores que acudan á casa do maior (anexo VI).

Así mesmo, para xustificar a axuda destinada a cubrir o servizo de desprazamento deberán achegarse os rexistros mensuais deste servizo asinados pola/s persoa/s responsable/s do desenvolvemento da casa do maior e polas persoas usuarias ou as súas titoras ou representantes legais (anexo VII).

Para xustificar o servizo de manutención, deberán achegarse os rexistros mensuais deste servizo asinados pola/s persoa/s responsable/s do desenvolvemento da casa do maior e polas persoas usuarias ou das súas titoras ou representantes legais (anexo VIII).

3. Para xustificar a axuda nos casos de baixa por maternidade ou permiso de paternidade da persoa responsable do desenvolvemento da actividade presentaranse os seguintes documentos:

a) Anexo V.

b) Parte de baixa de maternidade ou permiso de paternidade.

4. Adicionalmente, na xustificación final referida á axuda ao desenvolvemento do proxecto presentarase a seguinte documentación:

a) Memoria de actuación onde consten todas as prestacións realizadas ás persoas maiores, asinada polo persoa responsable do desenvolvemento do proxecto.

b) Acreditación documental, material e/ou gráfica a través de fotografías, copias, capturas de pantalla ou similar, do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

c) Rexistros mensuais de asistencia, servizo de desprazamento e/ou manutención asinados pola persoa responsable do desenvolvemento da casa do maior e polas persoas usuarias ou titores ou representantes legais, non achegados con anterioridade.

5. No caso de que a xustificación da axuda ao investimento e/ou ao desenvolvemento do proxecto sexa incorrecta e/ou incompleta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días hábiles, advertíndolle que, de non facelo, decaerá o dereito á subvención e procederase, tras a resolución ditada conforme o establecido no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, á revogación da axuda e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e non implica a apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

viernes, 3 de octubre de 2025

OFERTA DE EMPREGO

 

Auxiliar a domicilio (concello de becerreá)

Becerreá, Lugo |

Si eres un/a apasionado/a de las personas, esta oferta es para ti.

En Serunion, empresa de restauración colectiva con más de 30 de experiencia en el sector y líder en el mercado, buscamos a un/a Auxiliar a domicilio con experiencia demostrable, para incorporar a uno de nuestros centros en Concello de A Coruña. Buscamos construir un equipo diverso e inclusivo, valorando y respetando la diversidad y comprometidos con la igualdad de oportunidades en el acceso al empleo y desarrollo profesional.

¿Quiénes somos?

En Attende Care (Empresa de Atención y Asistencia para personas con dependencia en el domicilio) ,sociedad del grupo Serunion, trabajamos para que las personas dependientes puedan llevar una vida mejor en su propio hogar, manteniendo su autonomía en su entorno familiar el mayor tiempo posible.Por que… ¿dónde van a estar mejor que en casa? Nuestro equipo humano, formado por personas comprometidas que se focalizan en la constancia, cercanía, empatía y sensibilidad, trabajan sobre 4 áreas básicas de actuación:

* Atención Personal.
* Acompañamiento.
* Tareas Domésticas.
* Tareas Terapéuticas.


Buscamos incorporar personal Auxiliar con la tarea esencial a llevar a cabo de garantizar el bienestar integral de los/as usuarios/as, asistiéndoles y ayudándoles en las actividades básicas de la vida diaria, promoviendo su máxima autonomía, la actividad física y cognitiva, su autoestima y valoración de sí mismo/a, hábitos de cuidados personales, estilos de vida saludables y potenciando sus relaciones sociales.

¿Qué ofrecemos?

* Contrato estable (Indefinido).
* Jornada completa.
* Salario acorde al convenio Galicia según categoria.
* Formar parte de una compañía Líder que valora y recompensa el esfuerzo y dedicación de sus trabajadores/as: plan de formación continua, beneficios sociales, desarrollo profesional.


¿Estás interesado/a?

¡Inscríbete en nuestra oferta!

Requisitos mínimos:

* Formación: Ciclo de Formación profesional de Grado Medio en Auxiliar de Enfermería o Auxiliar de Clínica, Formación Profesional de Grado Medio en Atención Sociosanitaria a Personas en Situación de Dependencia, Certificado de Profesionalidad en Atención Sociosanitaria a Personas Dependientes en Instituciones Sociales o Certificado de Profesionalidad en Atención Sociosanitaria a Personas en el Domicilio.
* Residencia en Becerreá o alrededores.
* Contrato para fines de semana y festivos.
* Indispensable vehículo para desplazamientos.
* Incorporación inmediata.

https://insertia.net/ver-oferta/01e0c38b-874c-4e0e-91e7-5a2a96926926


 

 

PREMIOS VALEDORA DO POBO AOS MELLORES TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) E TRABALLOS FIN DE MÁSTER (TFM) EN MATERIA DE IGUALDADE E DEREITOS DAS MULLERES

 Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025 pola que se aproba a convocatoria da sexta edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Obxecto
Estas bases teñen como obxecto regular a concesión dos VI premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos
Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
Os traballos deberan ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2024/25.
Os traballos presentaranse en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentaren en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

Solicitudes
As solicitudes axustaranse aos modelos de instancia que figuran como anexos I e II, que estarán á disposición das persoas interesadas no enderezo electrónico do Valedor do Pobo (www.valedordopobo.gal), da Universidade de Santiago de Compostela (www.usc.es), da Universidade da Coruña (www.udc.es) e da Universidade de Vigo (www.uvigo.es), e no Rexistro do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, nº 65, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.00 horas, de luns a xoves, e das 9.00 ás 14.00 horas os venres, e nos rexistros das universidades citadas.
Coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:
Traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en formato papel e en formato electrónico (CD ou pendrive en formato Word, Libreoffice ou LaTeX (anexo I).
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude unicamente a un dos premios.

Lugar e prazo de presentación
Os traballos, dirixidos á valedora do pobo, presentaranse no Rexistro do Valedor do Pobo ou nos rexistros da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña ou da Universidade de Vigo, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No suposto de que non se presenten no Rexistro das entidades convocantes, deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación vía correo electrónico (rexistro@valedordopobo.gal) na cal se detalle o medio utilizado de presentación segundo o modelo que consta no anexo II.
As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de decembro de 2025. As persoas interesadas poderán consultar as bases da convocatoria no DOG e nas páxinas web do Valedor do Pobo e das universidades galegas.
Se a solicitude non reúne os datos ou os documentos exixidos, a persoa interesada disporá de dez (10) días hábiles desde a recepción da notificación de emenda para corrixir a falta ou achegar os documentos preceptivos. No caso de non o facer, considerarase desistida da súa petición.
Sen prexuízo do anterior, poderase requirir a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a valoración do traballo presentado. De non o facer, considerarase desistida da súa petición.
As comunicacións realizaranse exclusivamente a través do enderezo de correo electrónico proporcionado polas persoas solicitantes.



ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALALDORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS 2025

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro de 2025) (código de procedemento TR349F).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E O FOMENTO DA SÚA COMERCIALIZACIÓN 2025

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 29 de setembro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G).


jueves, 2 de octubre de 2025

(E-MARTES) SOBRE SISTEMAS PARA A CONTRATACIÓN PÚBLICA

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2025 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (e-martes), que se desenvolverá o día 14 de outubro de 2025, abordará os seguintes contidos:
– A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
– Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
– O xestor de expedientes de contratación (Plation).
– Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
– Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: o martes 14 de outubro de 2025.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Corenta e cinco (45).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizaren a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e logo seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre sistemas para a contratación pública.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 9 de outubro de 2025.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 63 42.

lunes, 29 de septiembre de 2025

REAXUSTE DOTACIÓN ORZAMENTARIA PROGRAMA BONO ALUGUEIRO MOCIDADE PARA O ANO 2025

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2025 pola que se reaxusta a dotación orzamentaria da Resolución do 18 de febreiro de 2025, pola que se procede á convocatoria do programa de Bono alugueiro mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E).

AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS 2025

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR321A).

Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para conceder axudas, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, para realizar actividades de interese agrario (código de procedemento MR321A), e convocalas para o exercicio orzamentario 2025.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias.
2. As asociacións agrarias.

Actividades subvencionables
Serán subvencionables os custos derivados das seguintes actividades realizadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025:
a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.
b) Funcións ordinarias de xestión interna.
c) Representación perante as institucións.
d) Participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados (mesas, comisións, etc.).
e) Formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario.
f) Fomento do asociacionismo agrario.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

DATAS, LUGAR E HORARIO DAS PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARRIL

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á obtención do certificado.

DATAS, LUGAR E HORARIO DAS PROBAS DIRIXIDAS Á RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E FERROCARIL

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á renovación do certificado.

miércoles, 24 de septiembre de 2025

XORNADA FORMATIVA: REAPROVEITAMENTO ALIMENTARIO

 



A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, conxuntamente coa Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA, convídanvos a participar na Xornada Reaproveitamento Alimentario, oportunidades de negocio.

A principios do presente ano publicouse a Ley 1/2025, de 1 de abril, de prevención de las pérdidas y el desperdicio alimentario. A Lei1/2025 afecta a tódolos axentes da Cadea Alimentaria, dende a produción primaria (agricultores, gandeiros) e a transformación (industrias alimentarias), ata a distribución (maioristas e minoristas), o sector da hostalería e restauración (HORECA), e as entidades da economía social que se dedican á doazón de alimentos, así como ás administracións públicas, coa excepcións para as microempresas e pequenas explotacións agrarias, ou empresas de ata 1.300 m² de superficie útil comercial.

Por este motivo, dúas entidades da representativas da Economía Social de Galicia propuxémonos colaborar coa finalidade de compartir un proxecto conxunto acollido ás axudas da Rede Eusumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para avaliar as oportunidades de negocio que poidan xurdir no Reaproveitamento Alimentario (motivo deste convite á Xornada) e estudar as perdas e o desperdicio alimentario no ámbito agroalimentario de Galicia (Xornada que convocaremos a finais de outubro).


O Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA considera que a perda e o desperdicio alimentario é unha oportunidade para explorar a posibilidade e mesmo establecer proxectos empresariais colaborativos entre as empresas de inserción laboral e as cooperativas agroalimentarias. Por iso, animamos a tódalas persoas interesadas en coñecer esta Lei 1/2025 de prevención da perda e o desperdicio alimentario e as sinerxías que promove a mesma entre entidades da Economía Social a inscribirse, antes do día 2 de outubro, en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScEHjPJEyBYWYtS8M_aX2WNOEkEris_IUV5pGWtWvYW60155g/viewform


martes, 23 de septiembre de 2025

PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL CORRESPONDENTES AO CURSO 2024/25

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 11 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).

Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).

Persoas beneficiarias
Alumnado que cursou durante o ano académico 2024/25 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e mereza un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.