AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Finalidade
A regulación da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para a produción fonográfica, fomentando e impulsando o talento musical a través do lanzamento dunha primeira produción fonográfica ou para o apoio á consolidación dun artista coa edición das súas producións fonográficas posteriores á primeira, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.
Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas, físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción e promoción de actividades musicais, que se atopen dadas de alta no IAE de produción ou edición discográfica e que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.