jueves, 24 de septiembre de 2020

CURSOS NA ÁREA DE INCENDIOS FORESTAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2020 pola que se convocan cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos do persoal participante
Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal laboral da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e das entidades locais na área de incendios forestais que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar), así como todo aquel profesional e interesado/a na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e ao tratarse de actividades impartidas nunha modalidade que inclúe telepresenza deberán dispor dun equipo informático que deberá contar cos seguintes compoñentes:
1. Ordenador de sobremesa, portátil ou smartphone.
2. Conexión estable á internet.
3. Navegador web google chrome ou mozilla firefox nas últimas versións.
4. Webcam (integrada no caso de portátil, externa no caso de sobremesa, xeralmente USB).
5. Altofalantes (se o monitor ou equipo non dispón deles).
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

CURSOS A REALIZAR: ANEXO II

Código: CV20034
Curso de incendios forestais: categoría xefe/a de brigada

Código: CV20035
Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a en terra

Código: CV20036
Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de brigada helitransportada