jueves, 10 de septiembre de 2020

AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA ESTATAL DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE EFICIENTE E SUSTENTABLE (PROGRAMA MOVES II)

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II), anualidade 2020 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) -IN421Q-Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión da Actuación 1 e na Actuación 2 e -IN421R-Procedemento de presentación de solicitudes.
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.
Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:

Tipo actuación                                                  Beneficiarias

Actuacións 1 e 2                Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
                                           Persoas físicas.
                                           Comunidades de propietarios.
                                           Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo                                             NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.
                                           Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración                                                 pública.

Actuacións 3 e 4               Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
                                          Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo                                            NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.
                                          Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración                                                pública.

Prazo de presentación de solicitudes de adhesión -IN421Q- e de solicitudes de axuda -IN421R-
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando finalice a vixencia do programa MOVES II en Galicia, o cal sucederá transcorrido un ano desde a publicación no DOG da presente convocatoria. Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 1 de outubro de 2020 e rematará un ano despois da publicación no DOG da presente convocatoria.