jueves, 28 de noviembre de 2013

BASES PREMIO OTERO PEDRAYO 2013

BASES PREMIO OTERO PEDRAYO 2013

 Convocatoria 
 1.1. Convócase o Premio “Otero Pedrayo 2013”, dotado con dezaseis mil euros (16.000,00 €), segundo as disposicións do regulamento correspondente. 

1.2. Esta convocatoria corresponde ao ano 2013, de acordo co disposto no regulamento, no que se establece o seu ámbito autonómico e o seu carácter anual; convócaa cada ano unha das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, por esta mesma orde. 

1.3. Atendendo ás razóns expostas, a convocatoria e a concesión do premio, na edición de 2013, atribúeselle á Deputación de Pontevedra, que consignará na aplicación 13/330.334.461.00 do seu orzamento de gastos o importe do premio (16.000,00 €) mais os gastos correspondentes á súa organización, e no de ingresos, as sumas que deberán achegar cada unha das demais deputacións de Galicia, cotitulares do premio, cunha contía de 2.000,00 €, e a Xunta de Galicia, con 8.000,00 €. 

 Obxecto do premio 
 - Perpetuar e honrar a memoria da persoa egrexia no campo das letras e do coñecemento 
- Premiar un labor que constituía unha contribución eminente á cultura galega 
- Promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións