martes, 26 de noviembre de 2013

3 BOLSAS FORMATIVAS MUSEO PROVINCIAL LUGO


OBXECTO E FINALIDADE. 
 Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de tres bolsas 
formativas para colaborar na Rede Museística Provincial de Lugo (RMP) para 2013-2014: 
• “Educador/a de Museos” ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e mailo seguimento do programa de actividades culturais e didácticas da Rede Museística Provincial de Lugo para 2013-2014. 
• “Arquivos/ Biblioteca”, ao fin de colaborar nas tarefas do Departamento de Arquivos e Biblioteca da Rede Museística Provincial con especial incidencia no inventariado e catalogación e informatización dos fondos. 
• Unha bolsa de “Investigación Ceramolóxica” dos materiais castrexos existentes na 
provincia de Lugo.- ao fin de coñecer e investigar unha parte do noso pasado tan importante para o noso país como a época castrexa.
 REQUISITOS XERAIS. 
 a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea. 
b) Estar en posesión da titulación académica requirida. 
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de iniciación e no de perfeccionamento (celga 4) 
d) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación 
e) Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario. 
f) As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso. 
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E PRAZO. 
 As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme o modelo oficial que figura nos anexos (I,II para Educador/a de Museos. III,IV para Arquivos e Biblioteca. V,VI para Investigación Ceramolóxica. Anexo VII) respectivamente, debendo dirixila ao Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, no prazo de DEZ DÍAZ naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación 
destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Igualmente se inserirán no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial. 
O modelo de solicitude estará a dispor dos interesados na Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico, e tamén na páxina web da Deputación de Lugo (Servizo de Cultura ) e no Museo Provincial de Lugo