CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a creación e regulación de espazos con elevado interese socioeconómico para a diversificación de producións mediante la plantación de castiñeiro para froito e proceder á súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva.
Tipos de superficies obxecto de axuda
1. Poderá ser obxecto de axuda todo tipo de terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) agás camiños.
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.
3. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de xeito individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarios ou titulares dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Intensidade da axuda
A intensidade de axuda para estas actuacións será como máximo do 60% en zonas desfavorecidas (ver anexo IV) e do 50 % noutras zonas, calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado, IVE excluído no correspondente proxecto técnico.
Prazo de solicitude: ata o 1 de novembro.