AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).
Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para o fomento da propiedade industrial (código de rocedemento N525A), que se inclúen como anexo I.
Prazo de Solicitude: Ata o 15 de novembro de 2013.